Poden as operacións de paz conseguir un mundo seguro?
As guerras e os conflitos armados están sucedendo constantemente no mundo. Por iso, as Nacións Unidas e outras organizacións participan en operacións para manter a paza, o que inclúe estar presentes en áreas onde hai conflitos. A súa esperanza é axudar a estabilizar estas zonas onde hai moita violencia. “Os cascos azuis das Nacións Unidas son a proba evidente do noso compromiso cun mundo máis pacífico” di o Secretario Xeral da ONU, António Guterres.
Co paso dos anos, algunhas operacións para manter a paz tiveron bos resultados. Por exemplo, protexeron a civís, devolveron refuxiados ós seus países de orixe, entregaron axuda humanitaria e reconstruíron infraestruturas danadas. Pero os esforzos por manter a paz encóntranse con grandes obstáculos que impiden conseguir o seu obxectivo. Haberá algunha vez solucións duradeiras para conseguir verdadeira paz no mundo? Que respostas da a Biblia?
Algúns obstáculos para manter a paz e as solucións que dá a Biblia
Obstáculo: falta de cooperación. Conseguir que cooperen múltiples organizacións militares e civís, xeralmente de diferentes países, non sempre é fácil. Ás veces, estas organizacións teñen dificultades para traballar xuntas con éxito debido a malentendidos e a que teñen diferentes prioridades.
A solución que dá a Biblia: “O Deus do ceo suscitará un reino [. . .] e acabará con todos estes reinos [os gobernos humanos], e el subsistirá para sempre” (Daniel 2:44).
Moi pronto, Deus poñerá fin a tódalas guerras e establecerá a paz no mundo (Salmo 46:9, 10 [46:8, 9, TNM]). El substituirá tódolos gobernos da terra por un só, o Reino de Deus. Cun único goberno reinando dende os ceos sobre un planeta onde non haberá conflitos, xa non será necesaria ningunha organización humana que promova a paz.
Obstáculo: recursos e capacidades limitadas. As operacións para manter a paz non sempre contan con suficientes persoas, apoio económico ou outros recursos. Isto limita o que se pode facer. Ademais as persoas que traballan para manter a paz tamén teñen que actuar en situacións cada vez máis difíciles e perigosas.
A solución que dá a Biblia: Deus sentou a Xesús “á súa dereita nos ceos, por riba de toda soberanía, autoridade, forza” (Efesios 1:17, 20, 21).
Xehová,b o Deus todopoderoso, concedeu recursos ilimitados a Xesús, o Rei escollido do Reino de Deus (Daniel 7:13, 14c). O poder, o coñecemento, a sabedoría e o discernimento que Xehová lle deu a Xesús son moi superiores ós de calquera goberno ou organización humana (Isaías 11:2). Xesús tamén ten á súa disposición un exército de anxos poderosos (Apocalipse 19:14). Ningunha situación é demasiado complicada ou difícil para el.
Grazas ós recursos e as capacidades que Deus lle deu, Xesús non se limitará a poñer fin á guerra senón que dará, a quen viva baixo o Reino de Deus, verdadeira seguridade, paz e tranquilidade (Isaías 32:17, 18).
Obstáculo: restricións legais. Ás veces, as persoas que traballan en organizacións que promoven a paz non poden facer todo o que lles gustaría debido a restricións legais ou por falta de instrucións claras. Isto pode impedir que protexan de forma eficaz a outros ou que cumpran os seus obxectivos.
A solución que dá a Biblia: Xesús recibiu “autoridade sobre tódalas cousas no ceo e na terra” (Mateo 28:18).
Deus deulle a Xesús a instrución clara de establecer paz na terra e tamén lle deu autoridade plena para facelo (Xoán 5:22). Xesús nunca actuará de maneira inxusta nin tampouco se corromperá (Isaías 11:3-5). Con razón, a Biblia chama a Xesús “Príncipe de Paz” e di que o seu Reino será xusto e recto (Isaías 9:6, 7, TNM).
O Reino de Deus traerá verdadeira paz
No mellor dos casos, os esforzos do ser humano por conseguir a paz poden traer certa estabilidade ou rematar cun conflito armado nunha rexión en concreto. Pero o que non poden facer é acabar coa verdadeira causa da violencia: o odio que hai no corazón de moitas persoas.
”O problema fundamental é que non hai paz que manter” (Dennis Jett, exembaixador dos Estados Unidos).
En cambio, o Reino de Deus si pode conseguir verdadeira paz, por que? Porque lles axuda ás persoas a acabar co odio do seu corazón. Por exemplo, cando Xesús estivo na Terra, ensinoulles ós seus seguidores de palabra e tamén co seu exemplo a ser pacíficos e a demostrarlles amor a outras persoas:
Xesús tamén dixo que se poderían identificar os súbditos do Reino de Deus polo amor que demostran a outros. A Biblia deixa claro que os que odien a outras persoas non poderán vivir baixo o Reino de Deus.
Xehová Deus, quen creou os seres humanos, coñece a mellor maneira, de feito, a única maneira de establecer paz mundial. O seu Reino conseguirá todo o que os seres humanos non puideron facer, incluída a paz.
a As Nacións Unidas e outras organizacións usan algúns termos relacionados como operacións de paz, operacións de construción da paz, operacións de pacificación e operacións de apoio á paz.
b Xehová é o nome persoal de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8). Mira o artigo “Quen é Xehová?”.
c En Daniel 7:13, 14, o termo “fillo de home” refírese a Xesús Cristo (Mateo 25:31; 26:63, 64).