BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwyp artigo 5
  • Que podo facer se meus pais se divorcian?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que podo facer se meus pais se divorcian?
  • Preguntas da xuventude
  • Subtítulos
  • Tres cousas que debes evitar
  • Tres cousas que debes facer
Preguntas da xuventude
ijwyp artigo 5
Un mozo triste aparta a mirada dos seus pais que están discutindo.

PREGUNTAS DA XUVENTUDE

Que podo facer se meus pais se divorcian?

Unha das situacións máis estresantes para un rapaz é o divorcio de seus pais. Se este é o teu caso, como podes facerlle fronte a eses momentos tan dolorosos?

Neste artigo imos ver:

  • Tres cousas que debes evitar

  • Tres cousas que debes facer

  • O que opinan outros mozos

Tres cousas que debes evitar

1. Pensar que ti tes a culpa

“Miña nai díxome que tódolos problemas que tiña con meu pai comezaron cando eu nacín. Así que asumín que a eu era a razón pola que o matrimonio de meus pais fracasou” (Diana).

Recorda isto: Teus pais non se están divorciando pola túa culpa, senón porque teñen problemas na súa relación. Ten en conta que ti non causaches esa situación e tampouco podes resolvela. Eles son os responsables de afrontar os seus problemas no matrimonio.

“Cadaquén ten que leva-lo seu fardel [ou carga de responsabilidade]” (Gálatas 6:5).

2. Estar resentido

“Estou moi enfadada con meu pai porque lle foi infiel á miña nai. Será moi difícil que volva a confiar nel outra vez” (Rianna).

Recorda isto: Probablemente estás enfadado e frustrado polo que está pasando entre teus pais. É normal que te sintas así. Pero non é bo para ti estar resentido porque che pode facer dano física e emocionalmente. Por iso din que estar resentido é como tomar veleno e esperar que lle faga dano a outra persoa.a

“Calma a ira, reprime o noxo [ou a furia]” (Salmo 37:8).

3. Pensar que ti tampouco terás un matrimonio feliz

“Teño moito medo de facer o mesmo que fixo meu pai. Dáme medo casar, ter fillos e acabar divorciándome igual que meus pais” (Jessica).

Recorda isto: Que o matrimonio dos teus pais fose un fracaso, non significa que ti vaias fracasar tamén. De feito, podes aprender moi boas leccións da súa experiencia. Por exemplo, agora podes fixarte mellor nas calidades da persoa coa que che gustaría casar. Ademais, o divorcio de teus pais pode motivarte a cultivar calidades que fagan de ti un mellor marido ou muller.

“Bote contas cadaquén sobre os propios feitos” (Gálatas 6:4).

Un mozo coa perna enxesada, sentado no sofá mentres usa o ordenador.

Superar o divorcio dos teus pais é coma recuperarse dun óso roto. Ó principio doe moitísimo, despois xa non doe tanto.

Tres cousas que debes facer

1. Falar do tema. A xente que non fala dos seus sentimentos negativos pode acabar facendo cousas que lle fagan dano, como por exemplo, abusar do alcohol ou das drogas. En lugar diso, por que non intentas o seguinte:

Fala cos teus pais. Se algún dos teus pais, ou mesmo os dous, che falan moito dos seus problemas, dilles de forma calmada pero firme como che está afectando iso. Se para ti é moi difícil facelo en persoa, podes dicirllo nunha carta.

Unha rapaza escribindo unha carta.

Fala cun bo amigo. Ter alguén que simplemente te escoite pode ser de gran axuda e sentiraste moito mellor. A Biblia di que “o verdadeiro amigo ama en todo momento e é un irmán en tempos de angustia” (Proverbios 17:17, TNM).

Fala co teu Creador. Xehová Deus, que é quen escoita as oracións, sempre vai querer escoitarte (Salmo 65:3 [65:2, TNM]). A Biblia di que podes contarlle a Deus tódalas túas preocupacións porque el se preocupa por ti (1 Pedro 5:7).

  • Con cal de teus pais podes falar de forma calmada e sen perder o control?

  • Que bo amigo, da túa idade ou máis maior, che podería axudar a afrontar esa situación tan difícil?

  • Que cousas poderías contarlle a Xehová en oración de forma específica?

Unha bombilla.

Consello: Fai un diario. Os pais de Raquel divorciáronse cando tiña 12 anos. Ela lembra: “Pode que non entendas os teus pensamentos nese momento, pero anotalos pode axudarche a ver o teu progreso. A min axudoume a sentirme mellor”.

2. Adaptarte ós cambios

Se teus pais se divorcian, quizais teñas que vivir nunha nova casa, ir a unha nova escola, ter outro nivel de vida ou mesmo facer novos amigos. É normal que te sintas frustrado, estresado ou penses que a túa vida está patas arriba. Que che pode axudar a levar mellor os cambios? Céntrate en como adaptarte ás novas circunstancias.

  • Cal é o cambio máis grande que tiveches que facer polo divorcio de teus pais?

  • Que podes facer para adaptarte a ese cambio?

“Aprendín a gobernarme nas situacións en que estea” (Filipenses 4:11).

Unha bombilla.

Consello: Descansa o suficiente, come ben e fai exercicio. Ter unha boa saúde vaiche axudar a ser máis forte en sentido emocional, a soportar a situación e adaptarte ós cambios.

3. Pensar nas túas boas calidades

Aínda que o divorcio dos teus pais pode causarche moita ansiedade, tamén che pode axudar a ver as túas boas calidades ou mesmo a cultivar outras novas. Jeremy tiña 13 anos cando seus pais se divorciaron, el conta: “O divorcio fixo que fose máis responsable. Eu era o irmán maior, así que tiven que axudar á miña nai e tamén ó meu irmán”.

Unha moza axuda á súa irmá pequena cos deberes, mentres súa nai prepara a comida na cociña.

O divorcio dos teus pais pode facer que sexas máis responsable na casa.

  • Nesta situación, que novas calidades ou habilidades descubriches?

  • En que outras cousas che gustaría mellorar?

“Toda a Escritura está inspirada por Deus e é útil [. . .] para enmendar” (2 Timoteo 3:16).

Unha bombilla.

Consello: Le un pouco da Biblia tódolos días. Os seus principios axudaranche a cultivar as calidades que necesitas para facerlle fronte a situacións estresantes na vida, coma por exemplo, o divorcio dos teus pais.

a Se queres máis información, mira o artigo “¿Cómo puedo controlar mi mal genio?”.

O que opinan outros mozos

“Fai pouco que aceptei o divorcio dos meus pais, pero antes non sabía moi ben o que estaba a pasar. Cando entrei na adolescencia tiven moito rencor. Agora, con 18 anos, son capaz de aceptar o que pasou e tirar para adiante” (Elena).

“Cando tiña 7 anos, meus pais divorciáronse. Ós 21, senteime co meu pai e díxenlle que quería falar de todo o que pasara. Falamos unhas dúas horas sobre os motivos do seu divorcio e como me afectou a min. Odio que se divorciasen, pero quero moito o meu pai e puiden comprendelo mellor. Aceptei todo o que ocorrera e sentín paz mental” (Katelyn).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir