BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwfq artigo 54
  • Que pensan do divorcio as testemuñas de Xehová?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que pensan do divorcio as testemuñas de Xehová?
  • Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Axudan as testemuñas de Xehová ós matrimonios con problemas?
  • Se unha testemuña de Xehová quere divorciarse, teñen que aprobalo os anciáns?
  • Que pensan da separación as testemuñas de Xehová?
  • Honremos “o que Deus uniu”
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2018
  • Que di a Biblia sobre o matrimonio?
    Preguntas sobre a Biblia
Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
ijwfq artigo 54
Unha foto de voda rachada pola metade

Que pensan do divorcio as testemuñas de Xehová?

As testemuñas de Xehová guiámonos polas ensinanzas bíblicas sobre o matrimonio e o divorcio. Segundo a Biblia, Deus instituíu o matrimonio como unha unión permanente entre un home e unha muller. A única razón pola que a Biblia admite a posibilidade de divorcio é que un dos cónxuxes teña relacións sexuais fóra do matrimonio (Mateo 19:5, 6, 9).

Axudan as testemuñas de Xehová ós matrimonios con problemas?

Si, de varias maneiras:

  • Publicacións. Moitas das nosas publicacións ofrecen consellos que axudan a fortalecer os matrimonios, incluso os que parece que xa non se poden arranxar. Por exemplo, podes ler os artigos “Cómo fortalecer el sentido del compromiso en el matrimonio”, “Cómo perdonar” e “Cómo recuperar la confianza perdida”.

  • Reunións. Nas nosas reunións e congresos analizamos consellos prácticos da Biblia para o matrimonio.

  • Anciáns. Os anciáns, ou responsables das congregacións, proporcionan axuda personalizada ós cónxuxes repasando con eles pasaxes da Biblia como o de Efesios 5:22-25.

Se unha testemuña de Xehová quere divorciarse, teñen que aprobalo os anciáns?

Non. Aínda que unha parella lles pida axuda, os anciáns non teñen dereito a dicirlles o que deben facer (Gálatas 6:5). Agora ben, se alguén decide divorciarse por unha causa diferente á que admite a Biblia, non cumpriría os requisitos bíblicos para volver casar (1 Timoteo 3:1, 5, 12).

Que pensan da separación as testemuñas de Xehová?

A Biblia recoméndalles ós cónxuxes que sigan xuntos aínda que a situación non sexa a ideal (1 Corintios 7:10-16). Os consellos bíblicos, o amor e a oración poden axudar ó matrimonio a resolver moitos problemas (1 Corintios 13:4-8; Gálatas 5:22).

Non obstante, é posible que algún cristián decida separarse do seu cónxuxe nas seguintes situacións excepcionais:

  • Negativa a manter a familia (1 Timoteo 5:8).

  • Violencia física extrema (Salmo 11:5).

  • Imposibilidade de participar nas actividades cristiás. Por exemplo, un dos cónxuxes podería decidir que a separación é a única forma de “obedecer a Deus antes cós homes” se o outro intenta obrigalo a desobedecer algunha norma ou mandato de Deus (Feitos 5:29).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir