BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwfq artigo 56
  • Que pensan da ciencia as testemuñas de Xehová?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que pensan da ciencia as testemuñas de Xehová?
  • Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
  • Subtítulos
  • As limitacións da ciencia
Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
ijwfq artigo 56
Unha muller mirando por un microscopio

Que pensan da ciencia as testemuñas de Xehová?

As testemuñas de Xehová respectamos os logros científicos e confiamos nos descubrimentos realizados pola ciencia que estean baseados en probas sólidas.

O Dicionario da Real Academia Galega define ciencia como o “conxunto dos sistemas de coñecemento con obxecto e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar”. Aínda que a Biblia non é un libro de ciencia, anímanos a investigar a natureza e a beneficiarnos dos avances científicos. Vexamos algúns exemplos:

  • Astronomía. “Levantade os vosos ollos ó alto, ollade: ¿Quen fixo esas cousas? O que fai saír con orde o exército celeste, e a todo el o chama polo nome” (Isaías 40:26).

  • Bioloxía. Salomón “disertou sobre as árbores, desde o cedro do Líbano ata a herba sagrada que medra nas paredes, acerca dos animais e das aves, dos reptís e dos peixes” (1 Reis 5:13 [4:33, NM]).

  • Medicina. “Non son os sans, senón os enfermos, os que precisan médico” (Lucas 5:31).

  • Meteoroloxía. “¿Achegácheste ós celeiros da neve, axexaches nos piornos da sarabia [...]? ¿Onde se esparexe o soán pola terra?” (Xob 38:22-24).

As nosas publicacións fomentan o respecto pola ciencia con artigos sobre natureza e logros científicos. As testemuñas de Xehová queren que os seus fillos reciban formación académica para que entendan mellor o mundo que os rodea. Moitas testemuñas de Xehová traballan en campos relacionados coa ciencia, como a bioquímica, as matemáticas e a física.

As limitacións da ciencia

As testemuñas de Xehová non pensamos que a ciencia ten a resposta a tódalas preguntas.a Por exemplo, os xeólogos analizan os materiais que compoñen a Terra e os biólogos estudan o funcionamento do corpo humano. Agora ben, por que a Terra está tan ben preparada para albergar vida? Por que o corpo humano funciona con tanta precisión?

Nós chegamos á conclusión de que só a Biblia ofrece respostas satisfactorias a estas preguntas (Salmo 139:13-16; Isaías 45:18). Polo tanto, cremos que unha boa formación inclúe aprender tanto da ciencia como da Biblia.

Ás veces, pode parecer que a ciencia contradí a Biblia. Non obstante, estas aparentes contradicións débense a unha interpretación errónea das ensinanzas bíblicas. Por exemplo, a Biblia non ensina que a Terra foi creada en seis días de 24 horas (Xénese 1:1; 2:4).

Algúns científicos moi respectados rexeitan teorías amplamente recoñecidas que non se basean en probas sólidas. Por exemplo, xa que a natureza evidencia un deseño intelixente, as testemuñas de Xehová concordamos coa opinión de moitos biólogos, químicos e outros científicos que chegaron á conclusión de que os seres vivos non evolucionaron mediante un proceso de mutacións aleatorias e selección natural.

a Erwin Schrödinger, un físico austríaco gañador do Premio Nobel, escribiu que a ciencia “é horriblemente muda acerca de todas e cada unha das cousas que están realmente cerca do noso corazón, que realmente nos interesan”. E Albert Einstein comentou: “A dolorosa experiencia humana ensinounos que o pensamento racional non abonda para solucionar os problemas da sociedade”.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir