BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g19 núm. 1 páxs. 12-15
  • Baixo o Reino de Deus “abondará a paz”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Baixo o Reino de Deus “abondará a paz”
  • Despertade! (2019)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • CANDO EMPEZARÁ A GOBERNAR O REINO DE DEUS?
  • COMO VAI GOBERNAR O REINO DE DEUS NA TERRA?
  • COMO NOS BENEFICIA QUE O REINO DE DEUS GOBERNE?
  • A verdade sobre o Reino de Deus
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2020
  • Que é o Reino de Deus?
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Que é o Reino de Deus?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Que é o Reino de Deus?
    Deus ten boas noticias!
Ver máis
Despertade! (2019)
g19 núm. 1 páxs. 12-15
Persoas desfrutando da vida no Paraíso.

COMO SE VAI SOLUCIONAR O PROBLEMA

Baixo o Reino de Deus “abondará a paz”

O Reino de Deus, ese goberno mundial establecido por el que levamos tanto tempo esperando, pronto logrará que haxa paz e unidade na Terra. O Salmo 72:7 (SBG) promete: “Abondará a paz”. Pero cando empezará a gobernar este Reino? Como o vai facer? E de que maneiras nos vai beneficiar?

CANDO EMPEZARÁ A GOBERNAR O REINO DE DEUS?

A Biblia predixo unha serie de acontecementos moi impactantes que indicarían que o Reino de Deus estaba a punto de chegar. Ó conxunto destes sucesos chámaselle “o sinal”, e está composto por guerras a escala mundial, fame, enfermidades, moitos terremotos e o aumento da maldade (Mateo 24:3, 7, 12; Lucas 21:11; Apocalipse 6:2-8).

Outra profecía di: “Nos días derradeiros haberá intres difíciles. A xente volverase egoísta, avariciosa, [...] mal guiada cos seus pais, sen caridade, impía, calumniadora, altaneira, ríspida, inimiga do bo, [...] foncha, máis amante do pracer ca de Deus” (2 Timoteo 3:1-4). É certo que sempre houbo xente así, pero agora a maioría das persoas teñen estas características.

Estas profecías comezaron a cumprirse en 1914. Incluso hai historiadores, políticos e escritores que comentaron o moito que cambiou o mundo dende ese ano. Por exemplo, o historiador danés Peter Munch escribiu: “O estalido da guerra en 1914 é o gran punto de inflexión na historia da humanidade. Dunha época de progreso brillante,[...] pasamos a unha era de catástrofes, horror, odio e inseguridade por todas partes”.

Pero o bo é que estas condicións mundiais só son como a tormenta que vén antes da calma. Todo isto demostra que o Reino de Deus gobernará a Terra pronto. E Xesús indicou que “o sinal” tamén incluía un elemento positivo. El dixo: “As boas noticias do Reino predicaranse por toda a terra habitada para que tódalas nacións poidan escoitalas, e entón virá o fin” (Mateo 24:14).

Estas boas noticias son a mensaxe principal que levamos as testemuñas de Xehová. Por iso, a nosa revista máis coñecida chámase A Atalaia, anunciando o Reino de Xehová. Nela analízanse constantemente as cousas marabillosas que fará o Reino de Deus pola humanidade e polo planeta.

COMO VAI GOBERNAR O REINO DE DEUS NA TERRA?

Para responder esta pregunta, temos que ter en conta as seguintes catro ideas importantes:

  1. O Reino non vai gobernar mediante ningún dos líderes políticos humanos, nin vai ser representado por eles.

  2. Os líderes políticos mundiais tratarán de aferrarse ó poder e opoñeranse ó Reino de Deus, pero fracasarán (Salmo 2:2-9).

  3. O Reino de Deus terá que destruír estes gobernos porque se empeñarán en seguir dominando a humanidade (Daniel 2:44; Apocalipse 19:17-21). Este último conflito mundial coñécese como o Armaxedón, ou Harmaguedón (Apocalipse 16:14, 16).

  4. Tódolos que decidan apoiar o Reino de Deus poderán sobrevivir ó Armaxedón. A Biblia chámalle a este grupo de persoas “unha gran multitude”, ou “un mundo de xente”, e probablemente estará formado por millóns de persoas (Apocalipse 7:9, 10, 13, 14). Despois, o mundo será un lugar pacífico.

    QUE VAI LOGRAR O REINO DE DEUS?

    Cando Xesús estivo na Terra, deunos unha pequena mostra do que vai facer como Rei do Reino de Deus. Curou enfermos e discapacitados (Mateo 4:23). Alimentou miles de persoas (Marcos 6:35-44). E ata controlou as forzas da natureza (Marcos 4:37-41).

    Xesús ensinándolles ós que o rodean.

    Pero, sobre todo, centrouse en ensinarlles ás persoas como vivir en paz e unidade. Tódolos que son humildes e poñen en práctica o que Xesús ensinou desenvolven cualidades que lles axudarán a ser felices para sempre baixo o seu goberno. Non hai ningún outro mestre capaz de lograr iso. Podes encontrar algunhas destas ensinanzas no coñecido Sermón do Monte, nos capítulos 5 a 7 de Mateo. Por que non te animas a lelos? Son palabras sinxelas pero moi profundas, e seguro que che chegarán ó corazón.

COMO NOS BENEFICIA QUE O REINO DE DEUS GOBERNE?

Un dos primeiros pasos que temos que dar para poder ser súbditos do Reino de Deus é adquirir coñecemento. Nunha oración a Deus, Xesús dixo: “E nisto consiste a vida eterna: que te coñezan a ti, o único Deus verdadeiro, e a quen mandaches, Xesús Cristo” (Xoán 17:3).

Cando as persoas chegan a coñecer as cualidades de Deus, benefícianse de moitas maneiras. Vexamos dúas delas. Primeiro, desenvolven unha fe forte nel. Esta fe, baseada en probas, convénceas de que o Reino de Deus é unha realidade e de que vai gobernar pronto (Hebreos 11:1). Segundo, o seu amor por Deus e as demais persoas crece. O amor a Deus fai que desexen obedecelo de boa gana. E o amor polas persoas motívaos a seguir o consello de Xesús coñecido como a Regra de Ouro: “Así que tratade á xente tal como queredes que vos traten a vós” (Lucas 6:31).

Coma un pai que ama os seus fillos, o noso Creador quere o mellor para nós. El desexa que cheguemos a desfrutar do que a Biblia chama “a verdadeira vida” (1 Timoteo 6:19). Hoxe en día, para millóns de persoas, a vida é unha loita constante e consiste en tratar de sobrevivir. Pero baixo o Reino de Deus todos desfrutaremos de “verdadeira vida”. Vexamos brevemente algunhas das cousas marabillosas que fará polos seus súbditos.

ASÍ SERÁ A VERDADEIRA VIDA

  • “Frolecerá a xusticia nos seus días [cando Xesús goberne], e abondará a paz […]. Dominará […] deica os confís do mundo” (Salmo 72:7, 8, 13, 14, SBG).

  • “[Deus] contén a guerra en tódolos confíns, rompe os arcos, quebra as lanzas” (Salmo 46:10 [46:9, TNM]).

  • “Abundará o trigo nos campos, nos montes ondularán coma no Líbano os froitos” (Salmo 72:16).

  • “Construirán casas e habitaranas e plantarán viñas e comerán os seus froitos. Non construirán para que outro habite, nin plantarán para que outro coma, [...] os meus elixidos disfrutarán da obra das súas mans” (Isaías 65:21, 22).

  • “Velaquí a tenda de Deus onda os homes. [...] Enxugará tódalas bágoas dos seus ollos, e a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor” (Apocalipse 21:3, 4).

Persoas desfrutando da vida no Paraíso.

Baixo o Reino de Deus, as persoas vivirán en paz, sentiranse seguras e haberá alimento de sobra para todos

PUNTO CLAVE

O QUE XESÚS ENSINOU DÁNOS FORZAS PARA FACER O CORRECTO. TÓDOLOS QUE SIGAN AS SÚAS ENSINANZAS PODERÁN VIVIR EN PAZ E UNIDADE CANDO EL GOBERNE A TERRA

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir