BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp20 núm. 1 páxs. 12-13
  • A verdade sobre o Reino de Deus

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A verdade sobre o Reino de Deus
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2020
  • Información relacionada
  • Que é o Reino de Deus?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Que é o Reino de Deus?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2020
  • Que é o Reino de Deus?
    Que ensina realmente a Biblia?
  • É o Reino de Deus algo que temos no corazón?
    Preguntas sobre a Biblia
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2020
wp20 núm. 1 páxs. 12-13
A Terra, vista dende o espazo, bañada pola luz do Sol

A verdade sobre o Reino de Deus

Xesús ensinoulles ós seus discípulos a orar: “Noso Pai que estás nos ceos, que o teu nome sexa santificado. Que veña o teu Reino. Que se faga a túa vontade na terra, coma se fai no ceo” (Mateo 6:9, 10). Que é o Reino de Deus? Que está facendo? Por que debemos incluílo nas nosas oracións?

Xesús é o Rei do Reino de Deus

Lucas 1:31-33: “Ó que lle poñerás de nome Xesús. Será grande e chamarase Fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai; reinará por sempre na casa de Xacob, e o seu reinado non terá fin”.

O Reino era o tema principal da predicación de Xesús

Mateo 9:35: “Xesús empezou a ir por tódalas cidades e aldeas ensinando nas sinagogas, predicando as boas noticias do Reino e curando todo tipo de enfermidades e doenzas”.

Xesús deulles ós discípulos un sinal que lles indicaría cando estaría a punto de chegar o Reino

Mateo 24:7: “As nacións loitarán unhas contra outras e os reinos pelexarán uns contra outros, e en moitos lugares haberá fame e terremotos”.

Os discípulos de Xesús están predicando o Reino por toda a Terra

Mateo 24:14: “E as boas noticias do Reino predicaranse por toda a terra habitada para que tódalas nacións poidan escoitalas, e entón virá o fin”.

Información sobre o Reino de Deus

Localización: o Reino de Deus é un goberno real que el estableceu no ceo (DANIEL 2:44; MATEO 4:17).

Propósito: o Reino de Deus transformará a Terra nun paraíso no que os seres humanos vivirán en paz e unidade, e no que non haberá máis enfermidades nin morte (SALMO 37:11, 29).

Gobernantes: Deus nomeou Rei a Xesús para que goberne dende o ceo xunto con 144.000 persoas escollidas da Terra (LUCAS 1:30-33; 12:32; APOCALIPSE 14:1, 3).

Súbditos: os súbditos, ou cidadáns, do Reino de Deus vivirán na Terra, aceptarán con gusto a Xesús como gobernante e obedecerán as leis deste Reino (MATEO 7:21).

Por que é Xesús o mellor gobernante que podemos ter?

Cando estivo na Terra demostrou que sería un gobernante capacitado e amoroso.

  • Preocupouse polos pobres (LUCAS 14:13, 14).

  • Demostrou que odiaba a corrupción e as inxustizas (MATEO 21:12, 13).

  • Controlou as forzas da natureza (MARCOS 4:39).

  • Alimentou miles de persoas (MATEO 14:19-21).

  • Compadeceuse dos enfermos e curou a tódolos que estaban sufrindo (MATEO 8:16).

  • Resucitou mortos (XOÁN 11:43, 44).

Como pode mellorar a túa vida o Reino de Deus?

Se decides facerte súbdito do Reino de Deus, serás máis feliz xa agora. Por exemplo, os que viven baixo este Reino:

  • Conseguen ter “paz entre todos” (HEBREOS 12:14).

  • Desfrutan de familias unidas e felices porque se aman e se respectan (EFESIOS 5:22, 23, 33).

  • Levan vidas felices e con propósito porque “recoñecen que necesitan a guía de Deus” (MATEO 5:3).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir