BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g22 núm. 1 páxs. 7-9
  • 2 | Coida da túa economía

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • 2 | Coida da túa economía
  • Despertade! (2022)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • POR QUE É IMPORTANTE?
  • O que deberías saber
  • O que podes facer xa agora
  • Como administrar os cartos?
    A túa familia pode ser feliz
Despertade! (2022)
g22 núm. 1 páxs. 7-9
Un carpinteiro poñendo un cravo nunha peza de madeira.

UN MUNDO EN CRISE

2 | Coida da túa economía

POR QUE É IMPORTANTE?

Moitas persoas están loitando cada día por chegar a fin de mes. Tristemente, unha crise mundial pode poñerllo aínda máis difícil. Por que?

  • Suben os prezos da comida e da vivenda.

  • Hai máis desemprego e baixan os salarios.

  • Os desastres naturais poden danar ou destruír negocios, casas e outras propiedades. Isto pode facer que moitas persoas acaben sendo pobres.

O que deberías saber

  • Canto mellor administres os teus cartos, mellor preparado estarás para afrontar unha crise.

  • A seguridade financeira pode desaparecer, xa que os ingresos, os aforros e as propiedades poden perder o seu valor.

  • Hai cousas que os cartos non poden comprar, como a felicidade e a unidade familiar.

O que podes facer xa agora

O que di a Biblia: “Contentémonos con ter para comer e para vestir” (1 Timoteo 6:8).

Estar contentos non significa ter todo o que queremos, senón estar satisfeitos porque temos todo o que necesitamos. Isto é especialmente importante cando tes menos cartos.

Para estar contento quizais teñas que axustar o teu estilo de vida. Se gastas máis do que ganas, só empeorarás a túa situación económica.

COMO FACERLLE FRONTE. Algúns consellos

En tempos de crise, coida da túa economía seguindo estes consellos prácticos

REDUCE OS GASTOS

  • Unha muller maior recollendo cenorias nunha hortiña.

    Reduce os gastos

    Non gastes cartos en cousas que non necesitas de verdade. Pregúntate: “Necesito realmente ter un coche? Podería poñer unha hortiña?”.

  • Antes de comprar algo, pregúntate: “Realmente o necesito? Podo permitirmo?”.

  • Solicita as axudas do goberno ou dalgunhas organizacións se están dispoñibles.

“Como familia analizamos o noso estilo de vida. Cancelamos ou reducimos os gastos en entretemento. Tamén empezamos a preparar comidas máis baratas” (Gift).

FAI UN PRESUPOSTO

Unha muller usando unha calculadora e rexistrando detalles dun recibo.

Fai un presuposto

O que di a Biblia: “Os planos do dilixente dan boa renda, pero quen anda ás présas anda ás perdas” (Proverbios 21:5). Ter un presuposto axudarache a asegurarte de que os teus gastos non son maiores que os ingresos.

  • Primeiro, apunta canto ganas cada mes.

  • Despois, fai unha lista cos teus gastos mensuais e analiza en detalle en que gastas os cartos.

  • Despois compara os teus ingresos cos gastos e, se é necesario, mira cales poderías reducir ou eliminar.

“Cada mes facemos unha lista de ingresos e gastos. Intentamos aforrar para emerxencias e para as cousas que sabemos que teremos que comprar nun futuro. Grazas a isto estamos máis tranquilos porque sabemos como imos usar os cartos” (Carlos).

EVITA AS DÉBEDAS E AFORRA

  • Unha nai axudándolle á súa filliña a meter cartos nun tarro.

    Evita as débedas e aforra

    Ten un bo plan para reducir as débedas e, se é posible, evítaas por completo. Máis ben, aforra para poder comprar o que necesitas.

  • Garda uns poucos cartos cada mes para gastos esperados ou inesperados do futuro.

SÉ TRABALLADOR

O que di a Biblia: “Todo traballo ten o seu proveito” (Proverbios 14:23).

  • Un carpinteiro poñendo un cravo nunha peza de madeira.

    Sé traballador

    Sé positivo sobre o teu emprego. Quizais non é o traballo dos teus soños pero dáche uns ingresos.

  • Esfórzate por ser traballador e confiable. Isto pode axudarche a manter un emprego e, se te despiden, serache máis fácil encontrar un novo.

“Traballo do que sexa, incluso se non me gusta o que fago ou se o salario é máis baixo do que pensaba. Son coidadoso e esfórzome por facer as cousas con calidade, coma se as estivese facendo para min mesmo” (Dmitriy).

Se estás buscando un traballo...

  • ... toma a iniciativa. Chama a empresas que quizais teñan un posto para ti, incluso se non puxeron un anuncio de que buscan traballadores. Dilles ós teus amigos e familiares que estás buscando un emprego.

  • ... adáptate. É moi pouco probable que encontres un traballo que teña todo o que queiras.

Uns pais falando de finanzas mentres os seus fillos están xogando no xardín.

PARA APRENDER MÁIS. Le o artigo “Cómo vivir con menos” (dispoñible en español).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir