BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g25 núm. 1 páxs. 6-9
  • Xestionemos ben os cartos

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Xestionemos ben os cartos
  • Despertade! (2025)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • POR QUE É IMPORTANTE
  • QUE PODES FACER
  • Como vivir con menos cartos
    Outros temas
  • 2 | Coida da túa economía
    Despertade! (2022)
Despertade! (2025)
g25 núm. 1 páxs. 6-9
Serie de imaxes: 1. Uns pais falando dos seus gastos sentados na mesa mentres a súa filla está cerca na cociña. 2. Hai un teléfono coa aplicación da calculadora aberta encima de tíckets e recibos.

COMO FACERLLE FRONTE Á SUBIDA DOS PREZOS

Xestionemos ben os cartos

A subida de prezos provoca dificultades para todos, pero non sintas que non hai saída. Pode que haxa cousas que poidas facer para mellorar a túa situación.

POR QUE É IMPORTANTE

Se non intentas usar ben o teu diñeiro, podes acabar con máis problemas económicos. Hai algúns consellos que podes poñer en práctica para mellorar a túa situación económica, incluso se non tes moitos cartos.

QUE PODES FACER

Non gastes máis cartos dos que teñas. Se fas isto, sentirás que tes máis control sobre a túa situación económica e que estarás preparado para facerlles fronte a gastos imprevistos.

Se preparas un presuposto, é dicir, se escribes canto gañas e canto podes gastar, serache máis fácil non gastar máis do que tes. Despois de preparalo, asegúrate de non comprar cousas que non necesitas de verdade. A continuación, fai todo o que poidas por axustarte ó teu plan e modifícao segundo cambien os teus ingresos ou os prezos. Por suposto, se estás casado, toma estas decisións coa túa parella.

Intenta isto: En vez de comprar con tarxeta, paga en efectivo se podes. Hai a quen isto lle axuda a controlar mellor o seu presuposto e a non ter débedas. Ademais, dedica tempo a revisar os movementos da túa conta bancaria e así terás máis control sobre os teus gastos. Desta maneira sentiraste menos estresado.

Pode ser difícil non gastar demasiados cartos, pero ter un presuposto ben pensado pode axudarche. Ademais, sentirás que tes máis control sobre a situación.

“[Calcula] os gastos” (Lucas 14:28).


Esfórzate por manter o teu traballo. Que podes facer para conseguilo? Estes son só algúns consellos prácticos: sé puntual, ten unha actitude positiva, mostra iniciativa e traballa duro, sé respectuoso, sigue as normas e intenta mellorar as túas habilidades.


Evita malgastar os cartos. Pregúntate: “Teño hábitos caros ou que me fagan malgastar os cartos?” Por exemplo, moitas persoas gastan o que tanto lles custou gañar en malos hábitos como as drogas, as apostas, fumar ou beber moito alcohol. A maiores, isto pode custarlles tanto a súa saúde coma o seu traballo.

“Ditoso o home que dá coa Sabedoría [...], pois adquirila é de máis proveito cá prata” (Proverbios 3:13, 14).


Aforra para as emerxencias. Se podes, aforra un pouco para gastos inesperados ou para emerxencias. Estes cartos poden axudarche a non preocuparte se ti ou un membro da túa familia se pon enfermo, perde o seu traballo ou pasa algo co que non contabas.

“A todos [nos] chega algún mal momento e algún suceso imprevisto” (Eclesiastés 9:11, TNM).

Consellos para aforrar

Un tarro cheo de moedas.

Prepara máis comidas na casa.

Pode saír caro comer fóra ou comprar comidas e bebidas preparadas a miúdo. Está claro que preparar a comida na casa require tempo e esforzos, pero pódese aforrar moito. A maiores, terás máis control sobre a calidade dos teus alimentos.

Compra de maneira intelixente.

  • Fai unha lista da compra e apégate a ela. Evita as compras impulsivas.

  • Busca mellores ofertas comprando cousas en grandes cantidades. Pero ten en conta que necesitarás un sitio onde conservar os alimentos perecedoiros.

  • Pensa en comprar cousas de marca branca máis baratas se son de suficiente calidade.

  • Compra por Internet para encontrar mellores ofertas, para evitar comprar na tenda cousas que non tiñas planeadas e para levar un mellor control dos gastos. Se onde vives se pode comprar por Internet, poderías intentalo?

  • Busca se hai rebaixas ou descontos. Compara prezos, incluídos os da electricidade, calefacción ou outros servizos.

Pensa ben antes de cambiar o que xa tes por cousas máis novas.

Os fabricantes de teléfonos móbiles e outros produtos sacan continuamente novos modelos para ter máis beneficios. Así que pregúntate: “Necesito realmente actualizar o meu dispositivo? Se é así, teño que facelo agora? E ten que ser o último modelo?”.

Repara e reutiliza as cousas.

Coida os teus electrodomésticos para prolongar a súa vida e, se compensa, repáraos cando se estraguen. Quizais tamén poidas pensar en comprar cousas de segunda man.

Cultiva a túa propia comida.

Por que non intentas cultivar a túa propia comida? Ademais de reducir o gasto da compra, podes utilizar parte do que cultives para vendelo, intercambialo ou compartilo.

“Os plans do que é traballador terán bos resultados” (Proverbios 21:5, TNM).

Tarxetas de crédito.

“Revisamos con regularidade o prezo das cousas que compramos normalmente e temos coidado con canto usamos as nosas tarxetas de crédito” (Miles, Inglaterra).

Unha libreta, un bolígrafo e as chaves dun coche.

“Antes de ir facer a compra, a miña familia mais eu sempre facemos unha lista co que necesitamos” (Jeremy, EEUU).

Unha axenda e unha calculadora.

“Cada pouco axustamos o noso presuposto como familia segundo cambia a economía e apartamos cartos para gastos imprevistos” (Yael, Israel).

Unha chave inglesa e un desaparafusador.

“Ensinámoslles ós nosos fillos a arranxar as cousas que se estragan antes de comprar outras novas. Isto inclúe o coche e os electrodomésticos da casa. A miña muller mais eu tamén intentamos evitar comprar os últimos modelos” (Jeffrey, EEUU).

“Gasto menos cartos porque planto as miñas propias verduras e teño unhas galiñas. Incluso puiden compartir algo do que cultivo con outras persoas” (Hono, Myanmar).

Un home recollendo verduras nun xardín.
    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir