BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • jl lección 22
  • Que se fai nunha sucursal?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que se fai nunha sucursal?
  • Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
  • Información relacionada
  • Proxectos de construción que nos axudan a predicar
    Como se usan as túas doazóns
  • Construcións rematadas antes da pandemia
    Como se usan as túas doazóns
Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
jl lección 22

LECCIÓN 22

Que se fai nunha sucursal?

Un grupo de homes organizando o traballo da sucursal das Illas Salomón

Illas Salomón

Unha testemuña de Xehová traballando na sucursal do Canadá

Canadá

Camións para transportar publicacións

Suráfrica

A familia Betel conta con varios departamentos que traballan coa finalidade de apoiar a predicación de un ou máis países. Poden estar en equipos de tradución, en talleres de impresión ou encadernación, en tarefas de distribución das nosas publicacións, na produción de materiais audiovisuais, ou atendendo outras cuestións.

Un Comité de Sucursal supervisa as actividades. O Consello Reitor confíalle a supervisión de cada sucursal a un equipo formado por tres ou máis anciáns competentes chamado Comité de Sucursal. Este Comité mantén informado ó Consello Reitor de como van as cousas na zona que atende, e dos problemas que poidan xurdir. Esta información axúdalle ó Consello Reitor a decidir que temas sería bo tratar en futuras publicacións, reunións e congresos. Cada certo tempo, o Comité de Sucursal recibe a visita dun representante da sede central que lles axuda a atender mellor as súas responsabilidades (Proverbios 11:14). Durante a visita, celébrase unha reunión especial na que o representante dá unha conferencia para animar ós irmáns que viven na zona atendida pola sucursal.

Dáse apoio ás congregacións. A sucursal ocúpase de aprobar a formación de novas congregacións e de dirixir a labor dos pioneiros, misioneiros e responsables de circuíto. Tamén organiza os congresos, coordina a construción de novos locais de reunión, e envía as publicacións que as congregacións necesiten. Todo o que se fai nunha sucursal contribúe a que a predicación se leve a cabo de xeito organizado (1a Corintios 14:33, 40).

  • Como axudan os Comités de Sucursal ó Consello Reitor?

  • Que tarefas se realizan nunha sucursal?

SEGUE APRENDENDO

Sabes que podes visitar calquera das nosas sucursais? Fanse visitas guiadas de luns a venres. Recoméndase ir vestido como a unha reunión. Anímate a vir, e verás o bo efecto que terá na túa fe.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir