BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • hdu artigo 6
  • Construcións rematadas antes da pandemia

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Construcións rematadas antes da pandemia
  • Como se usan as túas doazóns
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Proxectos para o ano de servizo 2021
  • Proxectos de construción que nos axudan a predicar
    Como se usan as túas doazóns
  • Podes contribuír co teu tempo e enerxías?
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2020)
  • Que se fai nunha sucursal?
    Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
  • As oficinas remotas de tradución benefician a millóns de persoas
    Como se usan as túas doazóns
Como se usan as túas doazóns
hdu artigo 6
Traballadores da construción colocando o novo rótulo da sucursal do Camerún.

COMO SE USAN AS TÚAS DOAZÓNS

Construcións rematadas antes da pandemia

1 DE NOVEMBRO DE 2020

Como cada ano se bautizan milleiros de persoas, precisamos cada vez máis instalacións para adorar a Xehová. Para apoiar este crecemento, os Departamentos Locais de Deseño e Construción de todo o mundo planearon construír ou renovar durante o ano de servizo 2020 máis de 2.700 locais empregados na adoración a Xehová.a

Por desgraza, a pandemia da COVID-19 entorpeceu estes plans. O Comité de Publicación do Consello Reitor paralizou temporalmente a maioría dos proxectos de construción en todo o mundo para protexer os irmáns e cumprir coas recomendacións dos gobernos. Así a todo, construíronse ou renováronse máis de 1.700 lugares de culto antes da pandemia durante o ano de servizo 2020. Alén diso, completáronse máis de 100 grandes proxectos de instalacións que usan as sucursais. Como beneficiou os irmáns rematar estes proxectos? Vexamos dous exemplos.

Sucursal do Camerún. A antiga sucursal, situada en Douala, era demasiado pequena e precisaba moita reforma. O Comité de Publicación considerou a posibilidade de reformala, pero o custo de facelo superaría o valor actual das instalacións. Analizou tamén outras posibilidades, como a de construír unha nova sucursal noutro lugar ou a de mercar un edificio xa existente. Pero ningunha destas opcións prosperou.

Namentres, os irmáns souberon que o goberno local planeaba construír unha estrada a carón dunha das nosas salas de congresos, ó norte de Douala. Esta estrada daríalle un mellor acceso e dotaría a propiedade con servizos públicos. Estas eran as melloras que precisaba a sucursal. Así que o Consello Reitor aprobou a construción dunha nova sucursal nunha sección do terreo onde está a Sala de Congresos.

Imaxes: 1. Irmáns posando para unha foto mentres colocan bloques de cemento. 2. Tres irmáns fan preparativos para botar formigón durante a construción.

Irmáns axudando a construír a nova sucursal do Camerún

Testemuñas de Xehová e empresas externas contratadas traballaron xuntas no proxecto. Isto permitiu economizar tempo e cartos. Tanto é así que o proxecto custou menos do presupostado. O aforro chegou a máis de 1.700.000 €! A familia Betel trasladouse ás novas instalacións pouquiño antes de estalar a pandemia da COVID-19.

Vista aérea da sucursal do Camerún rematada.

O proxecto da sucursal do Camerún rematouse antes da pandemia da COVID-19

Os betelitas no Camerún teñen agora un mellor lugar onde traballar e vivir, e ven esta nova sucursal coma un agasallo de Xehová. Un matrimonio di: “Queremos dedicarnos inda máis ó noso labor e demostrar así que agradecemos moito este regalo”.

Irmáns traballando nas novas oficinas antes da pandemia

Oficina remota de tradución ó tojolabal (México). Por anos, o equipo de tradución ó idioma tojolabal fixo o seu labor dende a sucursal de América Central, situada preto de Cidade de México. Porén, onde máis se fala tojolabal é en Altamirano e Las Margaritas, a case 1.000 quilómetros de distancia! Por esta razón, ós tradutores non lles era doado manterse ó día coa evolución da lingua tojolabal. Tamén lle foi difícil á sucursal atopar na zona irmáns cualificados que puidesen botar unha man na tradución e nas gravacións de audio.

Un grupo de irmáns e irmás preparan os terreos da RTO para o deseño dos xardíns.

Irmáns colaborando no proxecto da RTO

Por estes motivos, o Comité de Redacción do Consello Reitor decidiu trasladar o equipo de tradución a unha zona de fala tojolabal. Para conseguilo, a sucursal decidiu mercar e reformar un edificio. Facer isto era máis rendible que construír ou alugar oficinas.

A RTO ó tojolabal rematada en México.

Falando dos beneficios, un tradutor di: “Nos dez anos que estiven de tradutor na sucursal, non coñecín alí nin sequera unha familia que falase o meu idioma. Agora a nosa oficina está situada no corazón da zona onde se fala tojolabal. Interactúo cos falantes desta lingua tódolos días. Isto enriqueceu o meu vocabulario e mellorou a calidade do meu labor de tradución”.

A oficina de tradución ó tojolabal antes e despois do proxecto de renovación

Proxectos para o ano de servizo 2021

Para o ano de servizo 2021, hai plans de traballar en 75 oficinas remotas de tradución (RTO) e instalacións para escolas bíblicas. Isto farase se as circunstancias o permiten. Ademais, continuarán os traballos en oito grandes proxectos de instalacións que usan as sucursais, incluídos o novo proxecto da sede central en Ramapo (Nova York) e o traslado das sucursais de Arxentina e Italia. Tamén se precisan máis de 1.000 novos Salóns do Reino, hai que substituír máis de 6.000 lugares de reunión que non son axeitados e renovar outros 4.000 Salóns do Reino.

Imaxes: Gráfico que mostra o número de Salóns do Reino necesarios na actualidade e o número de Salóns do Reino necesarios para atender o crecemento futuro. 1. Salóns do Reino novos:1.179; Lugares de reunión a substituír: 1.367; Salóns do Reino a reformar: 4.672; Total: 7.218. 2. Proxectos anuais de novos Salóns do Reino: 699; Proxectos anuais para renovar Salóns do Reino: 2.028.

Como se financian todos estes labores de construción e reformas? Lázaro González, membro do Comité de Sucursal de América Central, respondeu esta pregunta ó falar sobre o proxecto da RTO do idioma tojolabal: “Na zona que supervisa a nosa sucursal, os recursos económicos son limitados. Daquela, sen o apoio de toda a irmandade mundial sería imposible construír oficinas remotas de tradución ós idiomas indíxenas. Os fondos aportados por tódolos irmáns a nivel mundial permitiron achegar os tradutores ás comunidades onde se falan as súas linguas. Queremos dicirlles “graciñas” a tódolos irmáns en todo o mundo pola súa xenerosidade”. Así é, estes proxectos de construción fanse realidade grazas ás túas doazóns para a obra mundial, moitas das cales se fan a través de donate.jw.org.

a Os Departamentos Locais de Deseño e Construción planifican e implementan a construción de Salóns do Reino na zona atendida pola súa sucursal. O Departamento Global de Deseño e Construción, situado na sede central, prioriza e coordina os proxectos de construción en todo o mundo.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir