A NOSA VIDA CRISTIÁ
Podes contribuír co teu tempo e enerxías?
Como profetizou Isaías, estamos a ver un crecemento sen precedentes da parte terrestre da organización de Xehová (Is. 54:2). Debido a isto é necesario construír novas Salas de Reunións, Salas de Congresos e sucursais. Cando se rematan, estes edificios precisan mantemento e, co tempo, hai que renovar algúns. Que oportunidades temos para contribuír e darlle a Xehová do noso tempo e enerxías?
Podemos axudar a limpar a Sala de Reunións cando lle toque ó noso grupo de predicación.
Podemos ofrecernos como voluntarios para recibir formación para colaborar no mantemento da Sala de Reunións.
Podemos encher a Solicitud de voluntario local de Diseño y Construcción (DC-50) para axudar de vez en cando en proxectos de construción e mantemento preto da zona onde vivimos.
Podemos encher a Solicitud para el programa de voluntarios (A-19) e ofrecernos para axudar durante unha semana ou máis en Betel ou nalgunha outra instalación que atenda a sucursal do noso país.
DESPOIS DE VER O VÍDEO PLANS PARA UN NOVO PROXECTO DE CONSTRUCIÓN (FRAGMENTO), RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
Dende 2014, que impresionante aumento houbo no uso dos vídeos?
A fin de manternos ó paso coa necesidade cada vez maior de producir máis vídeos, que plans se están a facer e cando se ten pensado empezar e rematar o proxecto de construción?
Como poden os voluntarios axudar neste proxecto?
Se desexas axudar na construción de Ramapo, por que deberías cubrir unha solicitude (DC-50) e colaborar co Departamento Local de Deseño e Construción na zona onde vives?
Que evidencias temos de que Xehová está dirixindo este proxecto?
Como podemos apoiar este proxecto mesmo se non podemos participar na construción?