BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • fg lección 6 ps. 1-5
  • Hai algunha esperanza para os que morreron?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Hai algunha esperanza para os que morreron?
  • Deus ten boas noticias!
  • Información relacionada
  • Verdadeira esperanza para os nosos seres queridos que morreron
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Que pasa cando morremos?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Os mortos volverán vivir
    Que nos ensina a Biblia?
Deus ten boas noticias!
fg lección 6 ps. 1-5

LECCIÓN 6

Hai algunha esperanza para os que morreron?

1. Que esperanza hai para os mortos?

Marta e mais María, as irmás de Lázaro, dándolle a benvida tras ser resucitado

Cando Xesús chegou a Betania, unha vila preto de Xerusalén, un amigo seu chamado Lázaro morrera había catro días. Xesús foi á súa tumba con Marta e mais María, as irmás do defunto. De seguida xuntouse alí unha morea de xente. Podes imaxinar canta felicidade sentiron estas mulleres cando Xesús lle devolveu a vida ó seu irmán Lázaro? Le Xoán 11:21-24, 38-44.

Marta xa sabía da esperanza que as Escrituras dan para aqueles que morreron. Sabía que Xehová os resucitaría para que vivisen de novo na terra. Le Xob 14:14, 15.

2. En que estado se atopan os mortos?

Adam sendo creado e Adam morto

Deus díxolle a Adam: “Ti es po e ó po tes que volver” (XÉNESE 3:19)

Os humanos estamos feitos do po da terra (Xénese 2:7; 3:19). Non temos un espírito que viva dentro do noso corpo. Somos criaturas físicas, polo tanto ningunha parte de nós segue a vivir unha vez mortos. Cando morremos o noso cerebro morre con nós, xa non podemos pensar nin sentir. Os mortos están nun estado de inconsciencia, e por iso Lázaro non puido contar nada sobre o tempo no que estivo morto. Le Salmo 146:4; Eclesiastés 9:5, 6, 10.

Atormenta Deus os mortos no lume dun inferno? Non é posible, xa que a Biblia explica que os mortos están inconscientes. Polo tanto, a ensinanza de que hai un inferno non só é falsa, senón que difama a Deus: provoca que a xente o culpe por algo que El non fai. De feito, a simple idea de atormentar as persoas resúltalle detestable. Le Xeremías 7:31.

Ver o vídeo En que estado se atopan os mortos?

3. Poden os mortos comunicarse con nós?

As persoas mortas non poden oír nin falar (Salmo 115:17). Non obstante, existen anxos malvados que poden comunicarse coa xente finxindo ser persoas que xa morreron (2a Pedro 2:4). Xehová prohibe que tratemos de poñernos en contacto cos mortos. Le Deuteronomio 18:10, 11.

4. Quen poderá vivir de novo?

n home resucitado á vida no Paraíso está aprendendo acerca de Deus. Despois vai ensinar a outros que tamén acaban de resucitar.

Hai millóns de persoas nas tumbas que volverán vivir de novo na terra. De feito, Xehová tamén vai resucitar a aqueles que sen chegar a coñecelo fixeron cousas malas. Le Salmo 37:29; Feitos 24:15.

Os resucitados poderán aprender a verdade acerca de Deus, ter fe en Xesús e demostrar a súa obediencia (Apocalipse 20:11-13). Aqueles que resuciten e así o fagan, terán a oportunidade de gozar para sempre da vida na terra. Le Xoán 5:28, 29.

5. Que nos di de Xehová a esperanza da resurrección?

Ó mandar o Seu fillo a dar a vida por todos nós, Deus fixo posible que haxa unha esperanza para aqueles que morreron. Polo tanto, a resurrección fálanos do amor de Xehová e da súa inmensa bondade. A quen che gustaría ver de novo cando os mortos volvan á vida? Le Xoán 3:16; Romanos 6:23.

Para máis información, ver os capítulos 6, 7 e 10 do libro Que ensina realmente a Biblia?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir