LECCIÓN 29
Que pasa cando morremos?
Morreuche alguén a quen querías moito? Neses momentos tan difíciles poida que te preguntases: “Que pasa cando morremos? Hai algunha esperanza de volver a ver esa persoa outra vez?”. Nesta lección e na seguinte analizaremos as respostas tranquilizadoras que dá a Biblia.
1. Que pasa cando morremos?
Xesús comparou a morte a un sono moi profundo. Cando alguén dorme profundamente non é consciente do que pasa ó seu arredor. En que se parece a morte a un sono profundo? Cando alguén está morto non sente ningunha dor nin está sufrindo de ningunha outra maneira. A Biblia di: “Os mortos non saben xa máis nada” (le Eclesiastés 9:5).
2. Por que nos beneficia coñecer a verdade sobre a morte?
Moitas persoas téñenlle medo á morte e tamén ós mortos. Pero o que di a Biblia sobre a morte pode tranquilizarte. Xesús dixo: “A verdade faravos libres” (Xoán 8:32). Contrario ó que din algunhas relixións, a Biblia non ensina que as persoas teñamos unha alma que siga vivindo despois da morte. Polo tanto, ninguén está sufrindo despois de morrer. Ademais, como os mortos non se dan conta de nada, non poden facernos dano. Por iso non fai falta que calmemos ou adoremos os mortos nin tampouco que oremos por eles.
Algunhas persoas din que se poden poñer en contacto cos mortos. Pero iso é imposible. Como aprendemos, os mortos “non saben xa máis nada”. Os que pensan que se están a comunicar cos seus seres queridos que morreron poida que en realidade se estean comunicando con demos que se fan pasar por esas persoas. Así que coñecer a verdade sobre a morte protéxenos dos demos. Xehová advírtenos que non intentemos comunicarnos cos mortos porque sabe que contactar cos demos faranos dano (le Deuteronomio 18:10-12).
AFONDA MÁIS
Aprende máis sobre o que ensina a Biblia acerca da morte. Fortalece a túa fe en Xehová, un Deus cariñoso que non atormenta as persoas que morreron.
3. Aprende que pasa despois de morrer
Arredor do mundo a xente ten diferentes crenzas sobre o que pasa cando morremos. Pero é evidente que non todas esas crenzas poden ser certas.
Que crenzas sobre o que pasa cando morremos son comúns na túa zona?
Para ver o que ensina a Biblia, poñede o VÍDEO.
Lede Eclesiastés 3:20 e logo comentade estas preguntas:
Segundo o que acabas de ler, que pasa cando alguén morre?
Hai algunha parte da persoa que siga vivindo despois da morte?
A Biblia fálanos da morte de Lázaro, un bo amigo de Xesús. Mentres ledes Xoán 11:11-14, fíxate no que dixo Xesús sobre o estado no que se atopaba Lázaro. Logo comentade estas preguntas:
Con que comparou Xesús a morte?
Que nos ensina esta comparación sobre o estado no que se atopan os mortos?
Pensas que é lóxico o que di a Biblia sobre a morte?
4. Coñecer a verdade sobre a morte benefícianos
Coñecer a verdade sobre a morte libéranos do medo ós mortos. Lede Eclesiastés 9:10 e logo comentade esta pregunta:
Poden os mortos facernos dano?
A verdade da Biblia tamén nos protexe da crenza de que hai que calmar ou adorar os mortos. Lede Isaías 8:19 e Apocalipse 4:11 e logo comentade esta pregunta:
Como pensas que se sente Xehová cando unha persoa adora ou busca a axuda de alguén que morreu?
Coñecer a verdade sobre a morte libéranos de tradicións que lle desagradan a Deus
5. A verdade sobre a morte tranquilízanos
A moitas persoas ensináronlles que cando morran terán que sufrir polas cousas malas que fixeron. Pero tranquilízanos saber que ninguén está sufrindo despois de morrer, nin sequera os que fixeron cousas moi malas. Lede Romanos 6:7 e logo comentade esta pregunta:
Se, como vimos na Biblia, a morte nos absolve ou libera do pecado, cres que os mortos están sufrindo polos erros que cometeron?
Canto mellor coñecemos a Xehová, máis conta nos damos de que nunca permitiría que os mortos sufrisen. Lede Deuteronomio 32:4 e 1 Xoán 4:8 e logo comentade estas preguntas:
Cres que un Deus como o que se menciona nestes versículos aprobaría que se atormentase a quen morreu?
Pensas que a verdade sobre a morte é tranquilizadora? Por que?
HAI QUEN DI: “Quen sabe o que pasa cando un morre. Ninguén volveu de alá para contalo”.
Que textos animadores da Biblia utilizarías para responderlle a esa persoa?
RESUMO
Cando unha persoa morre, a súa vida acaba. Os mortos non están sufrindo nin poden facerlles dano ós vivos.
Repaso
Que pasa cando morremos?
Como nos beneficia coñecer a verdade sobre a morte?
Como nos tranquiliza coñecer a verdade sobre a morte?
INVESTIGA
Mira o que significa realmente a palabra alma na Biblia.
Descubre se Deus castiga as persoas malas nun inferno.
Temos que terlle medo ós mortos?
Espíritos de defuntos. Poden axudarnos ou facernos dano? De verdade existen? (Folleto)
Descubre como un home atopou consolo cando aprendeu a verdade sobre a morte.
“Impresionáronme as respostas claras e lóxicas que contén a Biblia” (La Atalaya, 1 febreiro 2015)