BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • fg lección 12 ps. 1-5
  • Como podes achegarte a Deus?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como podes achegarte a Deus?
  • Deus ten boas noticias!
  • Información relacionada
  • Acheguémonos a Xehová mediante a oración
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Como orarlle a Deus?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Achégate a Deus mediante a oración
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • De verdade escoita Deus as nosas oracións?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2021
Ver máis
Deus ten boas noticias!
fg lección 12 ps. 1-5

LECCIÓN 12

Como podes achegarte a Deus?

1. Escoita Deus tódalas oracións?

Un home rezándolle a Deus

Deus invita a tódalas persoas a que se acheguen a el mediante a oración (Salmo 65:3 [65:2, NM]). Non obstante, non escoita, ou acepta, calquera oración. Por exemplo, podería non escoitar a oración dun home que maltrata a súa muller (1a Pedro 3:7). Así, cando os israelitas teimaban en facer o que estaba mal, Deus rexeitaba as súas oracións. Orar é un privilexio que debemos valorar. Non obstante, Deus aceptará as oracións dos que cometeron pecados graves sempre e cando se arrepintan. Le Isaías 1:15; 55:7.

Ver o vídeo Escoita Deus tódalas oracións?

2. Como debemos orar?

Orar é parte da nosa adoración, e só podemos orar ó noso Creador, Xehová (Mateo 4:10; 6:9). Ó ser imperfectos, temos que orar no nome de Xesús porque morreu polos nosos pecados (Xoán 14:6). Xehová non quere que repitamos oracións que saibamos de memoria ou que estean escritas. Quere que lle oremos dende o corazón. Le Mateo 6:7; Filipenses 4:6, 7.

O Creador pode oír ata as oracións que facemos en silencio (1o Samuel 1:12, 13). Invítanos a orarlle en toda ocasión, como ó principio e ó final do día, nas comidas ou cando afrontamos problemas. Le Salmo 55:23 (55:22, NM); Mateo 15:36.

3. Por que se reúnen os cristiáns?

Persoas lendo a Biblia nunha reunión cristiá

Estar cerca de Deus non é fácil xa que vivimos rodeados de xente sen fe e que se burla da Súa promesa de paz para a Terra (2a Timoteo 3:1, 4; 2a Pedro 3:3, 13). Así que necesitamos o ánimo que dá asociarnos con adoradores verdadeiros de Deus, e eles tamén nos necesitan. Le Hebreos 10:24, 25.

Relacionarnos coas persoas que aman a Deus axúdanos a achegarnos a El. Nas reunións das testemuñas de Xehová animarémonos grazas á fe dos demais. Le Romanos 1:11, 12.

4. Como podes achegarte a Deus?

Un home lendo a Biblia durante a pausa para comer

Podes achegarte a Xehová meditando no que aprendes da súa Palabra. Pensa no que podes aprender del polos seus feitos, os seus consellos e as súas promesas. Se oras e meditas nisto apreciarás cada vez máis o amor e a sabedoría de Deus. Le Xosué 1:8; Salmo 1:1-3.

Só chegarás a estar preto de Deus se confías e tes fe nel. Pero, coma se fose un ser vivo, tes que alimentar continuamente a túa fe meditando nas razóns das túas crenzas. Le Mateo 4:4; Hebreos 11:1, 6.

5. Como te beneficiará estar preto de Deus?

Xehová coida dos que o aman. Pode protexelos de calquera cousa que poña en perigo a súa fe e a súa esperanza de vida eterna (Salmo 91:1, 2, 7-10). El aconséllanos sobre os estilos de vida que poden poñer en perigo a nosa saúde ou a nosa felicidade. Xehová ensínanos o mellor modo de vivir. Le Salmo 73:27, 28; Santiago 4:4, 8.

Uns amigos pasan un rato agradable xuntos

Para máis información, ver o capítulo 17 do libro Que ensina realmente a Biblia?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir