BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • yc lección 3 páxs. 8-9
  • Rahab cría en Xehová

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Rahab cría en Xehová
  • Aprendamos da Biblia en familia
  • Información relacionada
  • Rahab esconde os espías
    Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos da Biblia en familia
yc lección 3 páxs. 8-9
Rahab sube á azotea da súa casa onde se escondían os espías

LECCIÓN 3

Rahab cría en Xehová

Imos facer como que estamos na cidade de Iericó. Esta cidade está na terra de Canaán, onde a xente non cre en Xehová. Aquí vive unha muller que se chama Rahab.

Cando Rahab era unha rapaza, sentiu a historia de como Moisés partira o Mar Rubio e levara os israelitas fóra de Exipto. Tamén escoitou como Xehová lles axudaba a gañar as guerras contra os seus inimigos. E agora oe que os israelitas están acampados cerca de Iericó!

Rahab protexeu os espías porque cría en Xehová

Unha tarde, dous israelitas van espiar a cidade de Iericó. Chegan á casa de Rahab, e ela invítaos a quedar. Durante a noite, o rei de Iericó descobre que os espías están na cidade e que foron á casa de Rahab. Así que envía uns homes para atrapalos. Rahab esconde os dous espías na azotea da súa casa e dilles ós homes do rei: “Os espías estiveron aquí, pero xa marcharon da cidade. Correde axiña detrás deles, que aínda os colledes!”. Sabes por que Rahab protexe os espías?— Porque cre en Xehová e sabe que lles vai dar a terra de Canaán ós israelitas.

Antes de marchar da casa de Rahab, os espías prométenlle que ela e maila súa familia han ser protexidos durante a destrución de Iericó. Sabes o que lle mandan facer?— Dinlle: “Colle esta corda vermella e cólgaa da túa ventá. Se o fas, tódolos que estean na túa casa hanse salvar”. Rahab fai exactamente o que lle din os espías. Sabes o que pasa despois?—

A corda vermella colgando da ventá de Rahab na muralla de Iericó

Xehová salvou a Rahab e maila súa familia

Algúns días despois, os israelitas póñense a dar voltas en silencio arredor da cidade. Seguen dando voltas á cidade outros seis días, unha vez ó día. E o sétimo día, dan sete voltas. Entón, todos eles dan un berro, e Xehová fai que as murallas da cidade se derruben. Pero a casa que ten a corda vermella colgando da ventá queda en pé! Pódelo ver no debuxo?— Rahab e maila súa familia salváronse!

Que podes aprender de Rahab?— Rahab creu en Xehová porque aprendeu moitas cousas marabillosas sobre el. Ti tamén estás aprendendo un montón de cousas marabillosas acerca de Xehová. Cres ti en Xehová como fixo Rahab?— Claro que si!

MÍRAO NA TÚA BIBLIA

  • Xosué 2:1-24; 6:1-5, 14, 15, 20-25

  • Hebreos 11:31

PREGUNTAS:

  • Que historias escoitou Rahab cando era unha rapaza?

  • Que fixo para axudar os espías israelitas? Por que os axudou?

  • Que lle prometeron os espías a Rahab?

  • Que podes aprender de Rahab?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir