BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 30 páx. 76
  • Rahab esconde os espías

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Rahab esconde os espías
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Rahab cría en Xehová
    Aprendamos da Biblia en familia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 30 páx. 76
Rahab mandando os soldados noutra dirección para protexer os espías

CAPÍTULO 30

Rahab esconde os espías

Cando os dous espías israelitas chegaron á cidade de Iericó, hospedáronse na casa dunha muller que se chamaba Rahab. Cando o rei de Iericó soubo que andaban por alí, enviou uns soldados á casa de Rahab. Ela escondeu os espías no tellado e mandou os soldados noutra dirección. Díxolles ós espías: “Axudareivos porque sei que Xehová está da vosa parte e que ides conquistar o país. Por favor, prometédeme que salvaredes a miña familia”.

Os espías contestáronlle: “Prometemos non facerlle dano a ninguén que estea na túa casa. Pon esta cinta vermella na fiestra e a túa familia estará a salvo”.

A casa de Rahab, cunha cinta vermella atada na fiestra, queda en pé mentres se derruban os muros de Iericó

Rahab axudou ós espías a baixar por unha corda que puxo na fiestra. Eles fóronse esconder nas montañas durante tres días antes de volver onda Xosué. Entón, os israelitas cruzaron o río Xordán e preparáronse para conquistar a terra. A primeira cidade que conquistaron foi Iericó. Xehová mandoulles dar unha volta arredor da cidade unha vez ó día durante seis días. O sétimo día deron sete voltas. Os sacerdotes tocaron as súas trompetas e os soldados berraron tan forte como puideron. De súpeto, os muros da cidade comezaron a derrubarse! Pero a casa de Rahab, que estaba no muro, quedou en pé. Rahab e maila súa familia salváronse porque ela confiou en Xehová.

Con respecto a Rahab, “¿seica non a xustificaron os feitos, cando recibiu os mensaxeiros e os encamiñou logo por outros carreiros?” (Santiago 2:25)

Preguntas. Por que axudou Rahab os espías? Que fixeron os israelitas para atacar Iericó? Que lle pasou a Rahab e á súa familia?

Xosué 2:1-24; 6:1-27; Hebreos 11:30, 31; Santiago 2:24-26

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir