BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • yc lección 4 páxs. 10-11
  • Fixo felices a seu pai e mais a Xehová

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Fixo felices a seu pai e mais a Xehová
  • Aprendamos da Biblia en familia
  • Información relacionada
  • A promesa de Iefté
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Iefté, un home espiritual
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
  • As persoas fieis cumpren as súas promesas
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
Aprendamos da Biblia en familia
yc lección 4 páxs. 10-11
Iefté pasando tempo coa súa filla cando era pequena

LECCIÓN 4

Fixo felices a seu pai e mais a Xehová

Iefté orándolle a Xehová mentres o exército de Israel está a loitar cos seus inimigos

Que promesa lle está facendo Iefté a Xehová?

De volta a casa despois da batalla, Iefté abraza á súa filla que saíra o seu encontro

Non lle foi fácil, pero a filla de Iefté cumpriu a promesa do seu pai

Ves a nena do debuxo?— É a filla dun home chamado Iefté. A Biblia non di como se chamaba, pero si explica que fixo felices a seu pai e mais a Xehová. Imos aprender máis dela e de seu pai, Iefté.

Iefté era un home bo, e pasaba moito tempo ensinándolle á súa filla cousas acerca de Xehová. Tamén era un home forte, e sabía mandar. Por iso, os israelitas pedíronlle que dirixise unha batalla contra os seus inimigos.

Iefté pediulle a Deus que lle axudase a gañar a batalla. E prometeulle a Xehová que, se gañaba, entregaríalle a primeira persoa que o recibise ó volver á casa. Esa persoa tería que vivir cerca do tabernáculo de Deus para traballar alí o resto da súa vida. O tabernáculo era o sitio onde a xente adoraba a Deus naquel tempo. Pois ben, Iefté gañou a batalla! Sabes quen foi a primeira persoa que saíu da súa casa cando volveu?—

Pois si, foi a súa filla! Era a única que tiña, e agora Iefté tería que mandala lonxe da casa. Isto púxoo moi triste... pero recorda: fixera unha promesa. Entón, a súa filla díxolle: “Papá, se lle fixeches unha promesa a Xehová, tes que cumprila”.

Mentres a filla de Iefté recolle leña para o tabernáculo, as súas amigas chegan para visitala

As amigas da filla de Iefté ían visitala tódolos anos

Ela tamén se puxo triste. No tabernáculo non podería casar nin ter fillos. Pero, por riba diso, quería cumprir a promesa do seu pai e facer feliz a Xehová. Para ela, isto era máis importante que casar ou ter fillos. Así que deixou a súa casa, e viviu onda o tabernáculo o resto da súa vida.

Pensas que a súa decisión fixo felices a seu pai e mais a Xehová?— Claro que si! Se ti tamén es obediente e queres a Xehová, serás como a filla de Iefté. E así farás moi felices a teus pais e mais a Xehová.

MÍRAO NA TÚA BIBLIA

  • Deuteronomio 6:4-6

  • Xuíces 11:30-40

  • 1a Corintios 7:37, 38

PREGUNTAS:

  • Quen foi Iefté? Que promesa fixo?

  • Por que foi difícil para a filla de Iefté cumprir a promesa do seu pai?

  • Por riba de todo, que quería facer a filla de Iefté?

  • Que podes facer para ser coma a filla de Iefté?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir