BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 36 páx. 88-páx. 89 par. 1
  • A promesa de Iefté

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A promesa de Iefté
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Fixo felices a seu pai e mais a Xehová
    Aprendamos da Biblia en familia
  • Iefté, un home espiritual
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
  • As persoas fieis cumpren as súas promesas
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 36 páx. 88-páx. 89 par. 1
Iefté rachando as vestiduras cando a súa filla sae da casa ó seu encontro

CAPÍTULO 36

A promesa de Iefté

Os israelitas abandonaron de novo a Xehová e comezaron a adorar deuses falsos. Cando os amonitas os atacaban e loitaban contra eles, eses deuses falsos non facían nada para axudalos. Os israelitas pasárono moi mal durante moitos anos, ata que finalmente lle dixeron a Xehová: “Pecamos contra ti. Por favor, sálvanos dos nosos inimigos”. Destruíron as imaxes que tiñan dos deuses falsos e volveron adorar a Xehová, quen non quería velos sufrir máis.

Un guerreiro chamado Iefté foi o escollido para liderar o pobo na batalla contra os amonitas. Díxolle a Xehová: “Se nos axudas a gañar a batalla, prometo darche a primeira persoa que saia da miña casa ó meu regreso”. Xehová escoitou a oración de Iefté e axudoulle a gañar a batalla.

Cando Iefté volveu á súa casa, a primeira persoa que saíu a recibilo foi a súa filla, bailando e tocando a pandeireta. Iefté non tiña máis fillos nin fillas. Que faría? Lembrouse da súa promesa e dixo: “Oh, non, miña nena! Párteseme o corazón! Pero fíxenlle unha promesa a Xehová e, para cumprila, terás que ir servir ó tabernáculo en Xiloh”. Entón a súa filla respondeulle: “Papá, se lle fixeches unha promesa a Xehová, debes cumprila. O único que pido é pasar dous meses nas montañas coas miñas amigas. Despois diso irei ó tabernáculo”. A filla de Iefté serviu no tabernáculo o resto da súa vida. As súas amigas ían tódolos anos a visitala.

As amigas da filla de Iefté visitándoa no tabernáculo

“Quen ame a seu fillo ou a súa filla máis ca a min non é digno de min” (Mateo 10:37)

Preguntas. Que promesa fixo Iefté? Que dixo a filla de Iefté cando soubo da promesa de seu pai?

Xuíces 10:6–11:11; 11:29-40; 1 Samuel 12:10, 11

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir