BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • yc lección 8 páxs. 18-19
  • Ioxías escolleu bos amigos

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Ioxías escolleu bos amigos
  • Aprendamos da Biblia en familia
  • Información relacionada
  • Ioxías estima a Lei de Xehová
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Rapaces, que tipo de vida ides escoller?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
Aprendamos da Biblia en familia
yc lección 8 páxs. 18-19
O rei Ioxías escoitando ó seu amigo Xeremías

LECCIÓN 8

Ioxías escolleu bos amigos

Pensas que é difícil facer o que está ben?— Moita xente pensa que si. A Biblia fala dun rapaz chamado Ioxías ó que lle foi moi difícil facer o que estaba ben. Pero tiña bos amigos que lle axudaron. Imos aprender máis de Ioxías e os seus amigos.

O pai de Ioxías foi Amón, un rei de Xudá. Amón era moi malo e adoraba ídolos. Cando o pai de Ioxías morreu, Ioxías converteuse no rei de Xudá. Pero só tiña oito anos! Cres que sería igual de malo que o seu pai?— Por suposto que non!

O profeta Sofonías transmitindo unha mensaxe de Xehová á xente de Xudá

Sofonías avisou a xente de que non adorase os ídolos

Aínda que era moi novo, Ioxías quería obedecer a Xehová. Por iso escolleu como amigos só a persoas que amaban a Xehová. Estes amigos axudaron a Ioxías a facer o que estaba ben. Quen foron algúns dos amigos de Ioxías?

Un dos seus amigos foi Sofonías. Sofonías foi un profeta que avisou a xente de Xudá de que lles pasarían cousas malas se adoraban os ídolos. Ioxías fíxolle caso a Sofonías, e por iso adorou a Xehová, non os ídolos.

Outro dos amigos de Ioxías foi Xeremías. Tiñan máis ou menos a mesma idade, e creceron sendo veciños. Eran tan bos amigos que, cando Ioxías morreu, Xeremías escribiu unha canción que falaba sobre canto o botaba en falta. Xeremías e Ioxías axudáronse sempre a facer o que estaba ben e a obedecer a Xehová.

Ioxías e Xeremías axudáronse a facer o que estaba ben

Que podes aprender do exemplo de Ioxías?— Incluso cando era pequeno, quería facer o que estaba ben. El sabía que debía facerse amigo de persoas que amasen a Xehová. Asegúrate de escoller amigos que amen a Xehová e che axuden a facer o que está ben!

MÍRAO NA TÚA BIBLIA

  • 2o Crónicas 33:21-25; 34:1, 2; 35:25

PREGUNTAS:

  • Quen foi o pai de Ioxías? Fixo o que estaba ben?

  • Que quería facer Ioxías incluso cando só era un neno?

  • Como se chamaban dous dos amigos de Ioxías?

  • Que podes aprender do exemplo de Ioxías?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir