BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 56 páx. 134-páx. 135 par. 1
  • Ioxías estima a Lei de Xehová

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Ioxías estima a Lei de Xehová
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Ioxías escolleu bos amigos
    Aprendamos da Biblia en familia
  • Rapaces, que tipo de vida ides escoller?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 56 páx. 134-páx. 135 par. 1
Xafán léndolle dun rolo ó rei Ioxías

CAPÍTULO 56

Ioxías estima a Lei de Xehová

Ioxías comezou a reinar en Xudá á idade de 8 anos. Nese tempo a xente practicaba maxia e adoraba ídolos. Cando tiña 16 anos quixo aprender como adorar a Xehová do xeito correcto. Ós 20 anos comezou a quitar do país tódolos ídolos e altares. E ós 26 preparou todo para reparar o templo de Xehová.

O sumo sacerdote Hilquías atopou no templo un rolo, ou libro, coa Lei de Xehová, quizais o que escribira Moisés. Xafán, o secretario do rei, foi co libro onda Ioxías e comezou a lerlle da Lei en voz alta. Mentres escoitaba, Ioxías decatouse de que a xente desobedecera a Deus por moitos anos, e díxolle a Hilquías: “Xehová está moi enfadado connosco. Vaille preguntar. El diranos que facer”. Xehová respondeulles por medio da profetisa Huldah: “O pobo de Xudá deixoume. Vouno castigar, pero non mentres Ioxías sexa o rei, porque foi humilde”.

Hilquías atopando o rolo da Lei de Xehová

Cando o rei Ioxías escoitou a mensaxe de Xehová, foi ó templo e xuntou o pobo. Entón, leu da Lei en voz alta diante de todos. Despois, el e maila nación prometeron obedecer a Xehová en todo.

Había moitos anos que non se celebraba a Pascua en Xudá. Pero cando Ioxías leu na Lei que tiñan que celebrala tódolos anos, díxolle ó pobo: “Celebraremos a Pascua de Xehová”. Logo, Ioxías preparou todo para facer moitos sacrificios e poñer un coro de cantores no templo. Entón a nación celebrou a Pascua, e despois a Festa dos Pans Ácimos, que durou sete días. Dende o tempo de Samuel, non houbera outra Pascua coma aquela. Ioxías estimaba de verdade a Lei de Deus. E a ti? Gústache aprender de Xehová?

“A túa palabra é o faro dos meus pés, a luz do meu camiño” (Salmo 119:105)

Preguntas. Que fixo Ioxías cando escoitou a Lei de Deus? Que pensaba Xehová de Ioxías?

2 Reis 21:26; 22:1–23:30; 2 Crónicas 34:1–35:25

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir