BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • yc lección 9 páxs. 20-21
  • Xeremías non deixou de falar de Xehová

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Xeremías non deixou de falar de Xehová
  • Aprendamos da Biblia en familia
  • Información relacionada
  • Xehová manda predicar a Xeremías
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Sexamos valentes coma Xeremías
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2017)
Aprendamos da Biblia en familia
yc lección 9 páxs. 20-21

LECCIÓN 9

Xeremías non deixou de falar de Xehová

Xeremías rodeado dunha multitude anoxada

Por que a xente está enfadada con Xeremías?

Xeremías cando o sacaron do pozo de lama

Xehová salvou a Xeremías

Algunhas veces a xente búrlase de nós ou mesmo se enfada cando lles falamos de Xehová. Isto pode facer que queiramos deixar de falar de Deus. Sentícheste así algunha vez?— A Biblia fálanos dun rapaz que case deixa de falar de Xehová, aínda que o quería moito. O seu nome era Xeremías. Aprendamos máis acerca del.

Cando Xeremías era un rapaz, Xehová díxolle que tiña que avisar a xente de que deixasen de facer cousas malas. Xeremías non se sentía capaz de facelo e, por iso, tivo medo. Díxolle a Xehová: “Non sei que dicir. Son só un rapaz”. Pero Xehová díxolle: “Non teñas medo. Eu axudareite”.

Así foi como Xeremías empezou a avisar a xente de que serían castigados se non cambiaban. Cres que a xente lle facía caso a Xeremías?— Non, non lle facían caso ningún. Uns ríanse del e outros ata se enfadaban. Algúns incluso quixeron matalo! Como cres que se sentiu Xeremías?— Tivo medo, e dixo: “Non vou falar máis de Xehová”. Pero, de verdade se rendeu?— Non tal! Non podía deixar de falar de Xehová porque o quería moito. E como Xeremías non se deu por vencido, Xehová o protexeu.

Por exemplo, nunha ocasión uns homes malos botaron a Xeremías nun pozo cheo de lama. Non tiña nin comida nin auga. Aqueles homes querían que Xeremías morrese alí. Pero Xehová axudouno, e puido escapar!

Que podes aprender do exemplo de Xeremías?— Aínda que tivo medo algunhas veces, non deixou de falar de Xehová. Cando ti falas de Xehová, poida que a xente se burle ou se enfade contigo. Incluso poida que sintas vergoña ou teñas medo. Pero nunca deixes de falar de Xehová. El sempre te vai axudar, o mesmo que axudou a Xeremías.

MÍRAO NA TÚA BIBLIA

  • Xeremías 1:4-8; 20:7-9; 26:8-19, 24; 38:6-13

PREGUNTAS:

  • Que lle mandou facer Xehová a Xeremías?

  • Por que Xeremías estivo a punto de deixar de falar de Xehová?

  • Como axudou Xehová a Xeremías?

  • Que aprendiches do exemplo de Xeremías?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir