BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 57 páx. 138-páx. 139 par. 2
  • Xehová manda predicar a Xeremías

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Xehová manda predicar a Xeremías
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Xeremías non deixou de falar de Xehová
    Aprendamos da Biblia en familia
  • Sexamos valentes coma Xeremías
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2017)
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 57 páx. 138-páx. 139 par. 2
Xeremías rompendo unha xerra diante dos anciáns

CAPÍTULO 57

Xehová manda predicar a Xeremías

Xehová escolleu a Xeremías para ser profeta en Xudá. Mandoulle predicar e avisar á xente de que parasen de facer cousas malas. Xeremías respondeulle: “Xehová, eu non sei falar diante da xente. Só son un rapaz!”. Pero Xehová díxolle: “Non teñas medo. Eu voute axudar. Direiche o que terás que falar”.

Xehová mandoulle a Xeremías que xuntase os anciáns do pobo. Tiña que romper unha xerra de barro diante deles e dicirlles: “Isto é o que lle vai pasar a Xerusalén”. Cando Xeremías o fixo, os anciáns enfadáronse moito e un sacerdote chamado Paxhur mandou que lle desen unha tunda. Logo, prendéronlle as mans e os pés entre unhas táboas de madeira, e non se puido mover en toda a noite. A mañá seguinte soltárono, e Xeremías dixo: “Non aguanto máis! Vou deixar de predicar!”. Pero sabes que pasou despois? Pensouno mellor e dixo: “A mensaxe de Xehová é coma un lume dentro de min. Non podo deixar de predicar”. Así que Xeremías seguiu avisando a xente.

Cos anos, Xudá tivo un novo rei. Os sacerdotes e os profetas falsos odiaban a mensaxe de Xeremías, e dixéronlles ós gobernadores: “Este home merece morrer”. Pero Xeremías dixo: “Se me matades, mataredes un home inocente. Eu só falo o que me manda Xehová”. Cando os gobernadores escoitaron as súas palabras, dixeron: “Este home non merece morrer”.

Xeremías seguiu predicando e os gobernadores enfadáronse tanto que lle pediron ó rei que o matase. O rei díxolles que podían facer o que quixesen con el. Así que collérono e botárono nun pozo cheo de lama para que morrese. Entón, Xeremías comezou a afundirse na lama!

Ébed-Mélec e os seus homes sacando a Xeremías do pozo

Deseguida, un oficial da corte chamado Ébed-Mélec díxolle ó rei: “Os gobernadores botaron a Xeremías nun pozo! Se o deixamos alí vai morrer”. O rei mandoulle a Ébed-Mélec que collese algúns homes e que o sacasen do pozo. Xeremías non deixou que nada lle impedise seguir predicando. Ti que pensas? Cres que deberiamos ser coma el?

“Pola miña causa hanvos odiar, pero o que persevere ata o final hase salvar” (Mateo 10:22)

Preguntas. Aínda que Xeremías era un rapaz, por que obedeceu a Xehová? Quen intentou que Xeremías deixase de predicar?

Xeremías 1:1-19; 19:1-11; 20:1-13; 25:8-11; 26:7-16; 38:1-13

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir