BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • hf sección 2 partes 1-2
  • Sé fiel ó teu cónxuxe

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Sé fiel ó teu cónxuxe
  • A túa familia pode ser feliz
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • 1 DÁLLE PRIORIDADE Ó TEU MATRIMONIO
  • 2 PROTEXE O TEU CORAZÓN
  • Conta con Deus para ser feliz no teu matrimonio
    A túa familia pode ser feliz
  • Como ter un matrimonio feliz
    Continúa no amor de Deus
  • Como levarse ben cos sogros?
    A túa familia pode ser feliz
  • Como resolver os problemas?
    A túa familia pode ser feliz
Ver máis
A túa familia pode ser feliz
hf sección 2 partes 1-2
Un marido tapa co paraugas á súa muller mentres a axuda a meterse nun coche

SECCIÓN 2

Sé fiel ó teu cónxuxe

“O que Deus uniu, que non o separe o home” (Marcos 10:9)

Xehová pide de nós que vexamos a fidelidade como algo moi importante no noso matrimonio (Miqueas 6:8). Por que? Porque sen fidelidade non hai confianza. E a confianza é fundamental para que medre o amor.

Hoxe en día a fidelidade no matrimonio está ameazada. Se queres protexer o teu matrimonio, tes que estar decidido a facer dúas cousas.

1 DÁLLE PRIORIDADE Ó TEU MATRIMONIO

QUE DI A BIBLIA? “Mirade [...] como camiñades: non coma atolados senón coma sensatos” (Efesios 5:15, 16). O sensato é que esteas convencido de que o teu matrimonio é unha das cousas máis importantes da túa vida. Por iso, merece que lle deas prioridade.

Xehová quere que te centres na túa parella e que desfrutedes xuntos da vida (Eclesiastés 9:9). El deixa claro que non podes desatender ó teu cónxuxe, ambos deberiades buscar maneiras de facervos felices (1 Corintios 10:24). Fai que a túa parella se sinta querida e necesitada.

Un marido lévalle á súa muller unha bebida quente; un marido chega á casa e atopa á súa muller cociñando

QUE PODES FACER?

  • Asegúrate de pasar tempo xuntos de maneira regular, dándolle á túa parella toda a túa atención.

  • Pensa que sodes dous, que non es ti só.

Un marido e unha muller pasando tempo xuntos de pícnic

2 PROTEXE O TEU CORAZÓN

QUE DI A BIBLIA? “Todo aquel que mira a unha muller casada con desexo, xa cometeu adulterio no seu corazón” (Mateo 5:28). Se alguén pensa a miúdo en cousas inmorais, en certo sentido está sendo infiel á súa parella.

Xehová sabe que necesitamos protexer o noso corazón (Proverbios 4:23; Mateo 15:19). Para conseguilo, vixía a onde se che van os ollos (Mateo 5:29, 30). Segue o exemplo de Xob, quen fixo un trato cos seus ollos para nunca mirar con desexo a outra muller que non fose a súa (Xob 31:1). Resólvete a non ver nunca pornografía, e a evitar calquera sentimento romántico por outra persoa que non sexa o teu cónxuxe.

Un home casado que ten a foto da súa muller no escritorio do traballo

QUE PODES FACER?

  • Fai que sexa evidente para os demais que o teu corazón é da túa parella.

  • Pensa nos sentimentos do teu cónxuxe, e pon fin decontado a calquera relación que faga que se sinta incómodo.

FAI A TÚA PARTE

Sé honrado contigo mesmo e identifica as túas debilidades (Salmo 15:2). Que non che dea vergoña pedir consello (Proverbios 1:5). Se algunha vez tes pensamentos inmorais, non te deas por vencido: loita contra eles (Proverbios 24:16). Xehová bendicirá tódolos teus esforzos por ser fiel ó teu cónxuxe.

PREGÚNTATE:

  • Que podo facer para dedicar máis tempo á miña parella?

  • É o meu cónxuxe o meu mellor amigo?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir