BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • hf sección 3 partes 1-3
  • Como resolver os problemas?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como resolver os problemas?
  • A túa familia pode ser feliz
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • 1 FALADE DO PROBLEMA
  • 2 ESCOITA E SÉ COMPRENSIVO
  • 3 REMATADE O QUE EMPECEDES
  • Sé fiel ó teu cónxuxe
    A túa familia pode ser feliz
  • Conta con Deus para ser feliz no teu matrimonio
    A túa familia pode ser feliz
  • Como levarse ben cos sogros?
    A túa familia pode ser feliz
  • Como ter un matrimonio feliz
    Continúa no amor de Deus
A túa familia pode ser feliz
hf sección 3 partes 1-3
Un marido escoitando á súa muller que lle expresa como se sinte

SECCIÓN 3

Como resolver os problemas?

“Esforzádevos no amor duns ós outros, porque o amor tapa moitos pecados” (1 Pedro 4:8)

É normal que xurdan problemas ó empezar a vosa vida como matrimonio. Quizais sexa debido a diferenzas na forma de pensar ou de sentir, ou pola maneira de ver a vida. Mesmo tal vez aparezan por mor de asuntos alleos á familia ou por sucesos imprevistos.

Tal vez pensedes que o mellor sería pechar os ollos á realidade, pero a Biblia aconséllanos que fagamos fronte ós nosos problemas (Mateo 5:23, 24). Nela atoparedes principios que vos servirán para solucionar os vosos problemas da mellor maneira.

1 FALADE DO PROBLEMA

QUE DI A BIBLIA? “Hai un tempo [...] para falar” (Eclesiastés 3:1, 7). Asegurádevos de dedicar tempo dabondo a falar do problema. Exponlle con franqueza á túa parella o que pensas e o que sentes sobre o asunto; dille sempre a verdade (Efesios 4:25). Mesmo cando haxa sentimentos profundos envoltos, non rifedes. Falar de maneira tranquila impedirá que a conversación se converta nunha liorta (Proverbios 15:4; 26:20).

Non hai que perder a calma, incluso se non estás de acordo en algo. Lembra que tes que mostrar cariño e respecto á túa parella (Colosenses 4:6). Tratade de resolver os problemas o antes posible, e non deixedes de falarvos (Efesios 4:26).

Un matrimonio tratando un problema xuntos

QUE PODES FACER?

  • Buscade un momento apropiado para tratar o problema.

  • Cando che toque escoitar, non interrompas. Xa che tocará.

2 ESCOITA E SÉ COMPRENSIVO

QUE DI A BIBLIA? “Sede cariñosos uns cos outros, coma irmáns; competide na estima mutua” (Romanos 12:10). A maneira en como escoitas é moi importante. Trata de entender o punto de vista do teu cónxuxe, comprendendo os seus sentimentos de “xeito humilde” (1 Pedro 3:8; Santiago 1:19). Non finxas que estás escoitando. Sempre que poidas, deixa o que estás a facer e dedícalle toda a túa atención ó teu cónxuxe; se non fose posible, pregúntalle se poderiades falar máis tarde. Se pensas que a túa parella é o teu compañeiro de equipo e non o teu opoñente, ‘non te alporizarás axiña’ (Eclesiastés 7:9).

QUE PODES FACER?

  • Aínda que o que escoites non che guste, sigue prestando toda a túa atención.

  • Mira máis alá das palabras. Fíxate nos xestos e no ton da voz da túa parella.

3 REMATADE O QUE EMPECEDES

QUE DI A BIBLIA? “Todo traballo ten o seu proveito, mais o parolar leva á miseria” (Proverbios 14:23). Chegar a un acordo non é suficiente. Tedes que levar a cabo o que ámbolos dous decidades. Quizais teñades que esforzarvos moito, pero ben paga a pena (Proverbios 10:4). Se traballades xuntos coma un equipo, ‘tiraredes bo proveito do traballo de entrambos’ (Eclesiastés 4:9).

QUE PODES FACER?

  • Decidide o que fará cada un para resolver o problema.

  • De vez en cando, avaliade o voso progreso.

AFRONTADE XUNTOS OS PROBLEMAS

Traballando xuntos podedes conseguir un matrimonio unido e feliz, en vez dun feble e desgraciado (Proverbios 24:3). Mirade para adiante, e deixade de remexer no pasado (Proverbios 17:9). Se traballades xuntos e poñedes en práctica os principios bíblicos, poderedes superar calquera dificultade.

PREGÚNTATE:

  • Cal é o problema máis urxente do que quero falar co meu cónxuxe?

  • Que podo facer para entender mellor o que sinte a miña parella sobre certo problema?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir