BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 26 páx. 66-páx. 67 par. 1
  • Os doce espías

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Os doce espías
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Sigamos a Xehová con todo o corazón
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
  • Xehová escolle a Xosué
    Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 26 páx. 66-páx. 67 par. 1
Uns homes israelitas explorando a terra de Canaán

CAPÍTULO 26

Os doce espías

Os israelitas marcharon do monte Sinaí e viaxaron polo deserto de Parán cara a un lugar que se chamaba Cadex. Alí Xehová díxolle a Moisés: “Manda doce espías, un de cada tribo, a explorar Canaán, a terra que lles vou dar ós israelitas”. Entón Moisés escolleu doce homes, e díxolles: “Ide a Canaán para ver se a terra dá bos froitos, se a xente alí é forte, e se viven en tendas ou en cidades con murallas”. Así que os doce espías, entre eles Xosué e Caleb, foron ver como era Canaán.

Os israelitas queixándose entre eles

Corenta días despois, volveron con figos, granadas e uvas. Contaron diante do pobo todo o que viran: “A terra é boa, pero a xente é forte e as cidades teñen muros moi altos”. Entón Caleb dixo: “Vaiamos sen medo, que podemos con eles!”. Sabes por que Caleb dixo iso? Porque Xosué e mais el confiaban en Xehová. En cambio, os outros dez dixeron: “Non, que os que viven alí son coma xigantes! Ó seu lado parecemos saltóns”.

Os israelitas asustáronse e comezaron a queixarse dicindo: “Escollamos outro xefe e volvamos a Exipto. Para que imos ir a Canaán? Para que nos maten?”. Entón Xosué e Caleb dixéronlles: “Non desobedezades a Xehová, e non teñades medo. El vainos protexer”. Pero os israelitas non lles fixeron caso e mesmo quixeron matalos!

Que faría Xehová? Vendo o que estaba a pasar, díxolle a Moisés: “Despois de todo o que fixen por eles... e seguen sen obedecerme! Van botar corenta anos no deserto, e no deserto morrerán. Na terra que vos prometín só van vivir os seus fillos, e mais Xosué e Caleb”.

“¿Por que vos acovardades, homes de pouca fe?” (Mateo 8:26)

Preguntas. Que pasou cando os doce espías volveron de Canaán? Como demostraron Xosué e Caleb que confiaban en Xehová?

Números 13:1–14:38; Deuteronomio 1:22-33; Salmo 78:22; Hebreos 3:17-19

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir