BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 41 páx. 100-páx. 101 par. 2
  • David e Xaúl

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • David e Xaúl
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Xesús escolle a Saulo
    Aprendamos das historias da Biblia
  • As congregacións entraron “nun período de paz”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 41 páx. 100-páx. 101 par. 2
David berrándolles ós homes do campamento de Xaúl dende o monte

CAPÍTULO 41

David e Xaúl

Despois de que David matase a Goliat, o rei Xaúl púxoo de xefe do exército. David gañou moitas batallas e fíxose moi popular. Sempre que volvía da guerra, as mulleres recibíano bailando e cantando: “Xaúl matou miles, pero David decenas de miles!”. Xaúl tiña celos de David e quería acabar con el.

David tocaba moi ben a arpa. Un día, Xaúl intentou cravarlle a súa lanza mentres tocaba para el. David apartouse xusto a tempo e a lanza espetouse na parede. Xaúl intentou matar a David moitas veces máis. Así que David fuxiu e escondeuse no deserto.

David colléndolle a lanza a Xaúl mentres dorme

Xaúl foi tras del con 3000 soldados. De casualidade, entrou na cova onde David se escondera cos seus homes. Entón eles dixéronlle: “Aproveita! Mata a Xaúl!”. David achegouse a el e cortoulle un anaco do manto sen que Xaúl se decatase. Logo, David sentiuse moi mal porque lle faltara ó respecto ó rei que Xehová escollera, e non deixou que os seus homes o atacasen. De feito, cando Xaúl xa estaba fóra da cova, David díxolle que non o matara aínda que puidera facelo. Cres que Xaúl cambiaría de actitude?

Non. Xaúl seguiu perseguindo a David. Unha noite, David e o seu sobriño Abixai entraron ás agachadas no campamento de Xaúl. Todos estaban durmidos, incluso Abner, quen debía protexer o rei. Abixai dixo: “Esta é a nosa! Déixame matalo”. David contestoulle: “Xa se encargará Xehová del. Collémoslle a lanza maila xerra de auga e liscamos”.

David subiu a un monte dende o que podía ver o campamento, e berrou: “Abner, por que non protexiches a Xaúl? Onde están a súa lanza e maila xerra?”. O rei recoñeceu a voz de David e díxolle: “Puideches matarme, pero non o fixeches. Serás o seguinte rei de Israel”. Entón Xaúl volveu para o seu pazo. Pero non tódolos parentes de Xaúl odiaban a David.

“No posible, en canto dependa de vós, mantede a paz con tódolos homes. Meus queridos amigos, non tomedes por vós mesmos a vinganza” (Romanos 12:18, 19)

Preguntas. Por que quería Xaúl matar a David? Por que non quixo David matar a Xaúl?

1 Samuel 16:14-23; 18:5-16; 19:9-12; 23:19-28 (23:19-29, NM); 24:1-16 (24:1-15, NM); 26:1-25

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir