BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 48 páx. 116-páx. 117 par. 1
  • O fillo dunha viúva volve á vida

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • O fillo dunha viúva volve á vida
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Sénteste algunha vez só e asustado?
    Aprendamos da Biblia en familia
  • Xehová dálle forzas a Elías
    Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 48 páx. 116-páx. 117 par. 1
Elías chamando por unha viúva que está apañando leña

CAPÍTULO 48

O fillo dunha viúva volve á vida

Un recipiente con fariña e outro con aceite

Durante a seca, Xehová díxolle a Elías: “Vai a Sarepta. Alí hai unha viúva que che dará de comer”. Ó chegar á entrada da cidade, Elías viu unha viúva pobre apañando leña e pediulle un vaso de auga. Cando a muller ía buscalo, Elías pediulle outra cousa: “Por favor, tráeme tamén un pouco pan”. Pero a viúva respondeulle: “Non teño pan que che dar. Só teño un pouco de fariña e unha pinga de aceite para o meu fillo e para min”. Elías díxolle: “Se me fas un pouco pan, Xehová prométeche que a fariña e o aceite non se che esgotarán ata que volva chover”.

Así que a viúva foi á casa e fixo pan para o profeta. Durante todo o tempo que durou a seca, a viúva e o seu fillo nunca quedaron sen comida. Tal e como Xehová prometera, a fariña e o aceite non se esgotaron.

Entón pasou algo moi triste. O neno da viúva púxose moi enfermiño, e ó final morreu. A muller suplicoulle a Elías que a axudase, así que el colleu o neno e levouno a unha habitación que había no piso de arriba. Púxoo na cama e orou: “Xehová, por favor, fai que este neno volva vivir”. Elías estáballe pedindo a Xehová algo impresionante. Sabes por que? Porque, segundo a Biblia, ata ese momento ninguén volvera de novo á vida. Ademais, nin a viúva nin o seu fillo eran israelitas.

Entón, o neno volveu á vida! Elías díxolle á viúva: “Mira! Teu fillo está vivo”. Ela estaba tan contenta que lle dixo a Elías: “Todo o que falas vén de Xehová e sempre se cumpre. Sen dúbida es un profeta de Deus”.

Elías levándolle á viúva o seu fillo resucitado

“Ollade para os corvos: nin sementan, nin seituran, nin tampouco teñen tullas e, mesmo así, Deus mantenos. ¡Pois, canto máis valedes vós cós paxaros!” (Lucas 12:24)

Preguntas. Que fixo a viúva de Sarepta para demostrar que confiaba en Xehová? Por que sabemos que Elías era un verdadeiro profeta de Deus?

1 Reis 17:8-24; Lucas 4:25, 26

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir