BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 83 páx. 194-páx. 195 par. 1
  • Xesús dá de comer a miles de persoas

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Xesús dá de comer a miles de persoas
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Que podemos aprender do milagre que Xesús fixo co pan
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • A última cea de Xesús
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Xesús camiña sobre a auga
    Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 83 páx. 194-páx. 195 par. 1
Os apóstolos repartindo comida a moitísima xente

CAPÍTULO 83

Xesús dá de comer a miles de persoas

Pouco antes da Pascua do ano 32, os apóstolos volveron dunha viaxe que fixeran para predicar. Estaban tan cansados que Xesús os levou ata Betsaida para que puidesen descansar. Foron nunha barca, e cando xa estaban chegando á costa, viron miles de persoas que os seguiran. Xesús quería estar só cos seus apóstolos pero, aínda así, recibiunos amablemente. Comezou a ensinarlles e curou os que estaban enfermos. Estívolles a falar todo o día sobre o Reino de Deus. Ó atardecer, os apóstolos dixéronlle: “Esta xente ten que ter fame. Dilles que marchen para que poidan comer algo”.

Un neno dándolle a Xesús unha cesta de pan e peixes

Xesús contestoulles: “Non teñen por que marchar. Dádelles algo para que coman aquí”. Os apóstolos preguntáronlle: “Queres que vaiamos mercar pan para eles?”. Pero Felipe, un dos apóstolos, dixo: “Por moitos cartos que tivésemos, non chegarían para mercar pan para todos”.

Entón Xesús preguntoulles: “Canta comida temos?”. Andrés dixo: “Temos cinco bolos de pan e dous peixes pequenos. Isto non vai chegar a nada!”. Xesús respondeu: “Traédeme o pan e os peixes”. Primeiro mandou que a xente sentase na herba en grupos de cincuenta e de cen. Logo, Xesús colleu os bolos e os peixes, mirou cara ó ceo e oroulle a Xehová. Despois deulle a comida ós apóstolos e eles repartírona entre a xente. Cinco mil homes e mais moitas mulleres e nenos comeron a fartar! Cando acabaron, os apóstolos recolleron as sobras para que non se perdese nada, e xuntaron doce cestas cheas! Que milagre tan impresionante, verdade?

A xente quedou tan abraiada que quería que Xesús fose o seu rei. Pero el sabía que aínda non chegara o tempo de Xehová para iso. Así que mandou marchar a todo o mundo, e díxolles ós seus discípulos que fosen á outra banda do mar de Galilea. Eles montaron na barca e Xesús subiu ó monte. Por que foi alí? Porque quería ter tempo para orarlle a soas a seu Pai. Aínda que estivese moi ocupado, Xesús sempre buscaba tempo para orar.

“Traballade non polo pan que se acaba, senón polo que dura deica a vida eterna, o que vos dará o Fillo do Home” (Xoán 6:27)

Preguntas. Que fixo Xesús para demostrar que se preocupaba pola xente? Que nos ensinan de Xehová as cousas que fixo Xesús?

Mateo 14:14-22; Lucas 9:10-17; Xoán 6:1-15

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir