BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 84 páx. 196-páx. 197 par. 4
  • Xesús camiña sobre a auga

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Xesús camiña sobre a auga
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Xesús dá de comer a miles de persoas
    Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 84 páx. 196-páx. 197 par. 4
Xesús camiñando sobre a auga e dicíndolle a Pedro que vaia onda el

CAPÍTULO 84

Xesús camiña sobre a auga

Xesús non só podía curar enfermos e resucitar mortos, senón que tamén era capaz de controlar o vento e a chuvia. Despois de estar orando no monte, Xesús mirou cara ó mar de Galilea e viu como se achegaba un temporal. Os seus apóstolos estaban na barca, remando contra o vento con tódalas súas forzas. Xesús baixou do monte e comezou a camiñar sobre a auga cara á barca. Cando os apóstolos o viron, asustáronse moitísimo, pero Xesús díxolles: “Tranquilos, son eu. Non teñades medo!”.

Xesús camiñando sobre a auga e dicíndolle a Pedro que vaia onda el

Logo Pedro dixo: “Señor, se es ti, mándame que vaia onda ti”. Xesús respondeulle: “Ven!”. No medio do temporal, Pedro baixou da barca e comezou a camiñar sobre a auga cara a Xesús. Pero cando xa estaba cerca, Pedro mirou para a tormenta e colleu medo. Entón, comezou a afundirse e berrou: “Señor, sálvame!”. Xesús colleuno pola man e preguntoulle: “Por que dubidaches? Onde está a túa fe?”.

Xesús e Pedro subiron á barca e, de súpeto, o temporal parou. Como pensas que se sentiron os apóstolos? Eles dixeron: “Realmente ti es o fillo de Deus”.

Esta non foi a única vez na que Xesús controlou as forzas da natureza. Noutra ocasión, el e mailos apóstolos ían nunha barca cara á outra beira do mar. Xesús quedou durmido na parte de atrás e, entón, comezou unha tormenta moi forte. As ondas batían contra a barca e enchíana de auga. Os apóstolos espertaron a Xesús a berros: “Mestre, imos morrer! Axúdanos!”. Xesús púxose de pé e gritoulle ó mar: “Silencio!”. Nese intre, o vento amainou e veu unha gran calma. Logo, Xesús preguntoulles ós apóstolos: “Onde está a vosa fe?”. Eles miráronse uns ós outros dicindo: “Ata o vento e o mar lle obedecen”. Os apóstolos aprenderon que se confiaban en Xesús, non terían por que terlle medo a nada.

“Non temas, abonda que teñas fe” (Marcos 5:36)

Preguntas. Por que se empezou a afundir Pedro? Que aprenderon de Xesús os apóstolos?

Mateo 8:23-27; 14:23-34; Marcos 4:35-41; 6:45-52; Lucas 8:22-25; Xoán 6:16-21

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir