BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 93 páx. 216-páx. 217 par. 5
  • Xesús volve ó ceo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Xesús volve ó ceo
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Xesús fala do Reino de Deus
    Aprendamos das historias da Biblia
  • “Seredes as miñas testemuñas”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
  • Os discípulos reciben espírito santo
    Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 93 páx. 216-páx. 217 par. 5
Xesús elevándose cara ó ceo e os apóstolos mirando para el

CAPÍTULO 93

Xesús volve ó ceo

Xesús xuntouse cos seus seguidores en Galilea. Entón mandoulles algo moi importante: “Ide e facede discípulos de xente de tódolos pobos. Ensinádelles as cousas que eu vos ensinei, e bautizádeos”. Logo, prometeulles: “Lembrade, eu sempre estarei con vós”.

Despois de resucitar, Xesús aparecéuselles a centos dos seus discípulos en Galilea e Xerusalén por corenta días. Ensinoulles cousas moi importantes e fixo moitos milagres. Despois, aparecéuselles ós seus discípulos por última vez no Monte das Oliveiras. Díxolles: “Non marchedes de Xerusalén. Agardade polo que o Pai prometeu”.

Ó principio, os apóstolos non entenderon o que Xesús quería dicir, e preguntáronlle: “É agora cando vas ser o rei de Israel?”. El contestou: “Aínda non chegou o momento elixido por Xehová para que eu sexa rei. Pero pronto recibiredes a axuda do espírito santo e seredes as miñas testemuñas. Ide e predicade en Xerusalén, Xudea, Samaría e ata os confíns da terra”.

Entón, Xesús elevouse cara ó ceo ata que unha nube o tapou. Os discípulos seguiron mirando para arriba, pero Xesús xa desaparecera.

Despois marcharon do Monte das Oliveiras e foron a Xerusalén. Alí tiñan o costume de reunirse nunha habitación e orar. Esperaban a que Xesús lles dese máis instrucións.

“Proclamarase esta Boa Nova do Reino en todas partes para dar testemuño a tódolos pobos. Entón será a fin” (Mateo 24:14)

Preguntas. Que lles mandou facer Xesús ós seus discípulos? Que pasou no Monte das Oliveiras?

Mateo 28:16-20; Lucas 24:49-53; Xoán 20:30, 31; Feitos 1:2-14; 1 Corintios 15:3-6

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir