BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 98 páx. 228-páx. 229 par. 2
  • Os cristiáns predican en moitos lugares

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Os cristiáns predican en moitos lugares
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • “Seguíronse enchendo de espírito santo e de alegría”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
  • “Falando con valor grazas á autoridade que lles daba Xehová”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
  • “Fortalecendo as congregacións”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
  • Bernabé e Paulo fan discípulos en lugares afastados
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 98 páx. 228-páx. 229 par. 2
O apóstolo Paulo e Bernabé predicándolle ó gobernador de Chipre, Serxio Paulo

CAPÍTULO 98

Os cristiáns predican en moitos lugares

Os apóstolos obedeceron o mandato de Xesús de espallar as boas novas por toda a terra. No ano 47, os cristiáns de Antioquía enviaron a Paulo e Bernabé a unha xira de predicación. Estes dous predicadores entusiastas viaxaron por toda Asia Menor, o que hoxe se coñece como Turquía. Foron a sitios como Derbe, Listra e Iconio.

Paulo e Bernabé predicábanlles a todos, sen importar se eran ricos ou pobres, novos ou maiores. Moitas persoas fixéronse seguidoras de Cristo. Nunha ocasión, Paulo e Bernabé predicáronlle a Serxio Paulo, o gobernador de Chipre. Entón un meigo intentou paralos. Paulo díxolle: “Xehová vaite castigar”. De súpeto, o meigo quedou cego. Ó ver o que pasara, o gobernador fíxose cristián.

Paulo e Bernabé predicaban en todas partes: de casa en casa, nos mercados, nas rúas e nas sinagogas. Unha vez curaron un home coxo en Listra. Os que viron o milagre pensaron que Paulo e Bernabé eran deuses e quixeron adoralos. Pero eles impedíronllelo, dicindo: “Adorade só a Deus! Nós só somos homes”. Entón, chegaron algúns xudeus que puxeron moitas persoas en contra de Paulo. Tiráronlle pedras e arrastrárono fóra da cidade pensando que estaba morto. Pero Paulo estaba vivo! Decontado, os irmáns viñeron axudalo e levárono de volta á cidade. Logo, Paulo volveu a Antioquía.

No ano 49, Paulo fixo outra xira. Despois de ir ver os irmáns de Asia Menor, levou as boas novas mesmo a Europa. Foi a Filipos, Tesalónica, Atenas e a outros sitios. Silas, Lucas e un mozo chamado Timoteo acompañaron a Paulo nesta viaxe. Traballaron xuntos formando congregacións e axudáronas para que fosen fortes. Paulo estivo ano e medio en Corinto, animando os irmáns. Predicou, ensinou e escribiu cartas a algunhas congregacións. Ademais traballaba facendo tendas de campaña. Co tempo, foi a Éfeso e despois volveu a Antioquía.

O apóstolo Paulo predicando nun mercado

No ano 52, Paulo fixo unha terceira xira que empezou dende Asia Menor. Pasou algúns anos en Éfeso ensinando, facendo curacións e axudando a congregación. Tamén daba discursos tódolos días na sala de conferencias dunha escola. Moitas persoas escoitárono e cambiaron a súa vida. Entón, viaxou cara ó norte, a Filipos, e volveu baixar a Corinto. Despois de predicar as boas novas en moitos lugares, foi a Xerusalén.

“Ide, pois, e facede discípulos meus a tódolos pobos” (Mateo 28:19)

Pregunta. Podes seguir as xiras de predicación de Paulo nun mapa da túa Biblia?

Feitos 13:1–23:35

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir