Introdución á sección 2
No pasado, Xehová mandou un diluvio que destruíu o mundo. Por que o faría? Ó principio da historia humana, comezou unha batalla: a batalla entre o ben e o mal. Algunhas persoas, como Adam, Eva e o seu fillo Caín, decidiron poñerse de parte do mal. E outras poucas, como Abel e Noé, decidiron poñerse de parte do ben. Como case tódalas persoas se volveron moi malas, Xehová acabou con aquel mundo cheo de maldade. Nesta sección aprenderemos que Xehová pode ver de que parte estamos, e que nunca vai deixar que o mal venza o ben.