CANCIÓN 26
Fixéstelo por min
1. Os irmáns de Xesús teñen sempre a carón
axudantes que son leais por amor.
Cada cousa que fan
por un destes irmáns,
el tena en conta e vaina lembrar.
(REFRÁN)
“Ó coidalos tan ben, coidástesme a min.
Ó lles dar de comer, eu mesmo comín.
Ó dárlle-la man, recibístesme a min.
Ó darlles amor, amástesme a min.
Ó tratalos así, eu mesmo o sentín”.
2. “Cando vos precisei, estivestes aí;
tiven auga e pan sen volo pedir”.
“Non sabemos, Xesús,
que fixésemos tal”.
Entón, con cariño, el responderá:
(REFRÁN)
“Ó coidalos tan ben, coidástesme a min.
Ó lles dar de comer, eu mesmo comín.
Ó dárlle-la man, recibístesme a min.
Ó darlles amor, amástesme a min.
Ó tratalos así, eu mesmo o sentín”.
3. “Sempre fostes leais, sen cansar no labor,
xunto cos meus irmáns, con chuvia, con sol”.
Ós da súa dereita,
despois o Rei di:
“Herdade a terra, a vida sen fin”.
(REFRÁN)
“Ó coidalos tan ben, coidástesme a min.
Ó lles dar de comer, eu mesmo comín.
Ó dárlle-la man, recibístesme a min.
Ó darlles amor, amástesme a min.
Ó tratalos así, eu mesmo o sentín”.
(Ver tamén Prov. 19:17; Mat. 10:40-42; 2 Tim. 1:16, 17.)