BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 45
  • Que significa ser neutral

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que significa ser neutral
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Por que as testemuñas de Xehová se manteñen á marxe da política?
    Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
  • A importancia de sermos neutrais (Miq. 4:2)
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
  • Como identificar os cristiáns verdadeiros
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Como manternos separados do mundo
    Continúa no amor de Deus
Ver máis
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 45
Lección 45. Unha irmá nova de pé durante a xura de bandeira na escola. Está en silencio de maneira respectuosa, pero non saúda a bandeira nin pon a man no corazón coma o resto dos estudantes.

LECCIÓN 45

Que significa ser neutral

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Xesús ensinou que os seus seguidores non deben ser parte do mundo (Xoán 15:19). Isto inclúe ser neutral, é dicir, non tomar partido en asuntos políticos nin en guerras. O certo é que non sempre é fácil ser neutral. Poida que se burlen de ti por iso. Como podemos manternos neutrais e seguir sendo leais a Xehová?

1. Como ven os cristiáns verdadeiros ós gobernos humanos?

Os cristiáns respectamos o goberno. Seguimos o mandato de Xesús: “dádelle ó César o do César”. Isto significa que obedecemos as leis do país, como por exemplo as que nos mandan pagar impostos (Marcos 12:17). A Biblia ensina que os gobernos humanos están aí só porque Xehová lles permite gobernar (Romanos 13:1). Así que entendemos que os gobernos humanos só teñen autoridade relativa ou limitada. Sabemos que Deus e o seu Reino celestial son a única solución para os problemas da humanidade.

2. Como podemos demostrar que somos neutrais?

Igual que Xesús, os cristiáns non nos metemos en política. Cando as persoas viron un dos milagres de Xesús e intentaron facelo rei aquí na Terra, el non lles deixou (Xoán 6:15). Por que non? Porque como dixo máis tarde: “O meu reino non é deste mundo” (Xoán 18:36). Como discípulos de Xesús, demostramos a nosa neutralidade de moitas formas. Por exemplo, non imos á guerra (le Miqueas 4:3). Respectamos os símbolos nacionais, como as bandeiras, pero non lles damos a honra que só lle debemos dar a Deus (1 Xoán 5:21). E tampouco nos poñemos nin a favor nin en contra de ningún candidato ou partido político. Destas e doutras maneiras demostramos que somos leais ó Reino ou goberno de Deus.

AFONDA MÁIS

Analiza situacións que poderían poñer a proba a nosa neutralidade e mira como podes tomar decisións que lle agraden a Xehová.

Un home sendo neutral, sen facerlles caso ós candidatos políticos que falan diante de moita xente.

3. Os verdadeiros cristiáns son neutrais

Xesús e os seus seguidores puxéronnos o exemplo. Lede Romanos 13:1, 5-7 e 1 Pedro 2:13, 14. Logo poñede o VÍDEO e comentade estas preguntas:

VÍDEO: Os verdadeiros cristiáns son neutrais (parte 1) (4:28)

  • Por que deberiamos respectar os gobernos humanos?

  • De que xeitos demostramos que nos sometemos a eles?

En tempos de guerra algunhas nacións din ser neutrais, pero dalgunha maneira acaban axudando a ambas partes. Entón, que significa en realidade ser neutral? Lede Xoán 17:16. Logo poñede o VÍDEO e comentade esta pregunta:

VÍDEO: Os verdadeiros cristiáns son neutrais (parte 2) (3:11)

  • Que significa ser neutral?

E que pasa se as autoridades nos piden algo que vai en contra da lei de Deus? Lede Feitos 5:28, 29. Logo poñede o VÍDEO e comentade estas preguntas:

VÍDEO: Os verdadeiros cristiáns son neutrais (parte 3) (1:18)

  • Se hai un conflito entre as leis humanas e a lei de Deus, cal deberiamos obedecer?

  • Ocórreseche algunha situación na que os cristiáns non obedecerían as autoridades humanas?

4. Sexamos neutrais no que pensamos e no que facemos

Lede 1 Xoán 5:21. Logo poñede o VÍDEO e comentade estas preguntas:

VÍDEO: Por que os verdadeiros cristiáns precisamos ser valentes. Para manternos neutrais (2:49)

  • Por que decidiu Ayenge non unirse ó partido político nin participar en cerimonias nacionalistas coma o saúdo á bandeira?

  • Pensas que tomou unha boa decisión?

Que outras situacións poderían poñer a proba a nosa neutralidade? Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

VÍDEO: Leccións de A Atalaia. Mantente neutral nun mundo dividido (5:16)

  • Como podemos manternos neutrais cando hai un evento deportivo internacional?

  • Como podemos manternos neutrais incluso se as decisións dos políticos nos afectan persoalmente?

  • Como poderían as nosas compañías ou o que escoitamos nas noticias influír na nosa neutralidade?

Colaxe: 1. Un grupo de persoas enfadadas levando pancartas durante unha protesta. 2. Un home nun evento deportivo animando e levantando unha bandeira. 3. Un rapaz xura a bandeira na escola. 4. Un soldado cunha metralladora. 5. Dous candidatos políticos nun debate electoral. 6. Unha muller mete o seu voto nunha urna.

En que situacións debe un cristián manterse neutral cos seus pensamentos e as súas accións?

ALGUÉN PODERÍA PREGUNTAR: “Por que non apoiades ningún partido político?”.

  • Ti que lle dirías?

RESUMO

Os cristiáns esforzámonos por ser neutrais en asuntos políticos cos nosos pensamentos, palabras e accións.

Repaso

  • Cal é o noso deber con respecto ós gobernos humanos?

  • Por que debemos manternos neutrais en asuntos políticos?

  • Que situacións poderían poñer a proba a nosa neutralidade?

Intenta isto

INVESTIGA

Que sacrificios poida que teñamos que facer para manternos neutrais?

Xehová nunca nos fallou (3:14)

Como poden prepararse as familias para situacións que poderían poñer a proba a súa neutralidade?

Sexamos neutrais nos eventos públicos (4:25)

Por que defender o seu país non é o honor máis grande que unha persoa poida ter?

“Para Deus todo é posible” (5:19)

Mira que podes facer para non ser parte do mundo ó tomar decisións relacionadas co traballo.

Cada un ten que ser responsable das súas decisións (La Atalaya, 15 marzo 2006)

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir