BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 46
  • Por que dedicarte e bautizarte?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Por que dedicarte e bautizarte?
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Estás preparado para dedicarte a Xehová?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Debería dedicar a miña vida a Deus e bautizarme?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Estás listo para te bautizar?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2020
  • Estás preparado para bautizarte?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Ver máis
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 46
Lección 46. Un home orando só.

LECCIÓN 46

Por que dedicarte e bautizarte?

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Dedícaste a Xehová facéndolle unha oración para prometerlle que o vas adorar só a el e que o vas poñer en primeiro lugar na túa vida (Salmo 40:9 [40:8, TNM]). O seguinte paso é o bautismo. Cando te bautizas, demóstraslles ós demais que te dedicaches. Dedicarnos a Xehová é a decisión máis importante que podemos tomar. É tan importante que cambiará a túa vida. Que te pode motivar a tomar unha decisión así?

1. Que pode motivar a alguén a dedicarse?

Dedicámonos a Xehová por amor (1 Xoán 4:10, 19). A Biblia di: “Amara-lo Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma, con todo o teu entendemento e con tódalas túas forzas” (Marcos 12:30). Demostramos que amamos a Deus non só polo que dicimos senón tamén polo que facemos. Igual que unha parella que se quere de verdade decide casar, o noso amor por Xehová motívanos a dedicarnos a el e bautizarnos.

2. Que bendicións lle ofrece Deus a quen se bautiza como testemuña de Xehová?

Cando te bautices chegarás a formar parte da feliz familia de Xehová. Entón verás de moitas maneiras canto te quere e achegaraste aínda máis a el (le Malaquías 3:16-18). Ademais de ter a Xehová como Pai, terás arredor do mundo unha familia espiritual de irmáns e irmás que o queren moito e que tamén te queren a ti (le Marcos 10:29, 30). Claro, tes que dar algúns pasos antes de bautizarte. Debes aprender sobre Xehová, amalo e chegar a ter fe no seu Fillo. E por último, tes que dedicarlle a túa vida a Xehová. Se dás todos estes pasos e te bautizas, estarás no camiño correcto para desfrutar da vida para sempre. Por iso a Palabra de Deus di que o bautismo nos salva (1 Pedro 3:21).

AFONDA MÁIS

Analiza por que é importante que te dediques a Xehová e te bautices.

3. Todos temos que escoller a quen imos servir

No antigo Israel a xente pensaba que podía servir a Xehová e, ó mesmo tempo, tamén ó deus falso Baal. Pero Xehová enviou o seu profeta Elías para corrixir esa idea equivocada. Lede 1 Reis 18:21 e logo comentade esta pregunta:

  • Que decisión tiñan que tomar os israelitas?

Igual que os israelitas, nós tamén temos que escoller a quen imos servir. Lede Lucas 16:13 e logo comentade estas preguntas:

  • Por que non podemos adorar a Xehová e, ó mesmo tempo, a algo máis?

  • Como lle demostramos a Xehová que escollemos adoralo a el?

4. Reflexiona en canto te quere Xehová

Colaxe: Un home pensando no que Deus lle deu. 1. Amor, como o que unha nai lle dá ó seu filliño. 2. Boa comida, representada por unha variedade de froitas e verduras. 3. A Biblia. 4. O sacrificio de rescate de Xesucristo.

Xehová deunos moitos regalos moi valiosos. Que podemos darlle nós? Poñede o VÍDEO.

VÍDEO: Que lle podemos regalar a Deus? (3:04)

Cales son algunhas das maneiras nas que Xehová che demostrou que te quere? Lede Salmo 104:14, 15 e 1 Xoán 4:9, 10 e logo comentade estas preguntas:

  • Que regalo de Xehová agradeces máis?

  • Que sentes por Xehová ó pensar neses regalos?

Cando alguén nos fai un agasallo que nos gusta moito, queremos demostrarlle a esa persoa canto llo agradecemos. Lede Deuteronomio 16:17 e logo comentade esta pregunta:

  • Que te sentes impulsado a darlle a Xehová cando pensas en tódalas cousas que fixo por ti?

5. Dedicarnos a Xehová ten moitos beneficios

Moita xente cre que os cartos, a fama ou unha boa carreira os farán felices. Pero, é certo iso? Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

VÍDEO: O fútbol era a miña vida (5:45)

Colaxe: Escenas do vídeo ‘O fútbol era a miña vida’. 1. Andriy volve estudar a Biblia. 2. Andriy predica coa súa filla.
  • Aínda que a Andriy lle encantaba xogar ó fútbol, por que decidiu deixalo?

  • Andriy decidiu dedicarse a Xehová en vez de ó fútbol. Pensas que tomou a decisión correcta? Por que?

Antes de facerse cristián, o apóstolo Paulo quería ter unha carreira prestixiosa. Estudara a lei xudía cun mestre moi importante. Pero deixouno todo para facerse cristián. Arrepentiuse de tomar esa decisión? Lede Filipenses 3:8 e logo comentade estas preguntas:

  • Por que dixo Paulo que todo o que fixera antes de ser cristián era coma o lixo?

  • Que gañou a cambio?

  • Como cres que che iría mellor na vida? Servindo a Xehová ou dedicándote a calquera outra cousa?

Colaxe: 1. Saulo, despois coñecido como Paulo, era un fariseo arrogante. 2. O fiel apóstolo Paulo escribíndolles unha carta a outros cristiáns.

Cando Paulo se fixo cristián, gañou moito máis do que deixara atrás

HAI QUEN DI: “Non é normal que lle dediques tanto tempo á túa relixión”.

  • Por que pensas que ten sentido dedicarlle a túa vida a Xehová?

RESUMO

O amor impúlsanos a dedicarlle a nosa vida a Xehová e bautizarnos.

Repaso

  • Por que merece Xehová que o amemos de todo corazón e o adoremos?

  • Como recompensa Deus a quen se bautiza como testemuña de Xehová?

  • Gustaríache dedicarte a Xehová?

Intenta isto

INVESTIGA

Mira por que unha cantante e un deportista decidiron dedicar a súa vida a Xehová.

Preguntas da xuventude. Que farei coa miña vida? Cando miro cara atrás (6:54)

Pensa en máis razóns para dedicarte a Xehová.

“Por que deberías dedicarte a Xehová?” (La Atalaya, 15 xaneiro 2010)

Neste vídeo musical fíxate na alegría que senten os que se dedicaron a Xehová.

Eu vou vivir pra ti (4:30)

No relato “Levaba moitos anos preguntándome: ‘Por que estamos aquí?’” mira que levou a unha muller a analizar as súas prioridades.

“A Biblia cambioulles a vida” (La Atalaya, 1 novembro 2012)

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir