BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lmd lección 1
  • Interese polos demais

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Interese polos demais
  • O amor motívanos a facer discípulos
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Que fixo Xesús?
  • Que podes aprender de Xesús?
  • Imita o exemplo de Xesús
  • Naturalidade
    O amor motívanos a facer discípulos
  • Melloremos as nosas habilidades na predicación. Como empezar conversas que poden darnos a oportunidade de predicar
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
  • Bondade
    O amor motívanos a facer discípulos
O amor motívanos a facer discípulos
lmd lección 1

COMEZA CONVERSAS

Xesús falando cunha muller ó lado dun pozo.

Xoán 4:6-9

LECCIÓN 1

Interese polos demais

Principio bíblico: “O amor [...] non busca a súa comenencia” (1 Cor. 13:4, 5).

Que fixo Xesús?

Xesús falando cunha muller ó lado dun pozo.

VÍDEO: Xesús e a muller que foi sacar auga do pozo

1. Mira o VÍDEO ou le Xoán 4:6-9. Despois pensa nas seguintes preguntas:

  1. En que se fixou Xesús antes de empezar a falar coa muller?

  2. Xesús díxolle á muller: “Dáme de beber”. Por que foi unha forma eficaz de iniciar a conversación?

Que podes aprender de Xesús?

2. É máis probable que teñas unha boa conversa se empezas falando dun tema que lle interese á outra persoa.

Imita o exemplo de Xesús

3. Sé flexible. En vez de insistir en falar do tema que ti tiñas pensado, utiliza un tema actual que lles preocupe ós demais. Pregúntate:

  1. De que falan as noticias?

  2. De que falan os meus veciños e os meus compañeiros?

4. Sé observador. Pregúntate:

  1. Que está facendo a persoa? En que podería estar pensando?

  2. Que me din a súa forma de vestir, o seu aspecto ou a súa casa sobre as súas crenzas ou cultura?

  3. É este un bo momento para falar coa persoa?

5. Escoita.

  1. Non fales moito.

  2. Anima a persoa a expresarse e, cando sexa apropiado, faille preguntas.

VER TAMÉN

Mt. 7:12; 1 Cor. 9:20-23; Flp. 2:4; Sant. 1:19

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir