BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lmd lección 3
  • Bondade

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Bondade
  • O amor motívanos a facer discípulos
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Que fixo Xesús?
  • Que podes aprender de Xesús?
  • Imita o exemplo de Xesús
  • Interese polos demais
    O amor motívanos a facer discípulos
  • Deixa que a “lei da bondade” te motive
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2022
  • Empatía
    O amor motívanos a facer discípulos
  • Naturalidade
    O amor motívanos a facer discípulos
Ver máis
O amor motívanos a facer discípulos
lmd lección 3

COMEZA CONVERSAS

Xesús acércase a un home cego para curalo.

Xoán 9:1-7

LECCIÓN 3

Bondade

Principio bíblico: “O amor é [...] bondadoso” (1 Cor. 13:4, TNM).

Que fixo Xesús?

Xesús acércase a un home cego para curalo.

VÍDEO: Xesús cura un home cego

1. Mira o VÍDEO ou le Xoán 9:1-7. Despois pensa nas seguintes preguntas:

  1. Que fixo Xesús primeiro? Curou o home cego ou predicoulle? (Ver Xoán 9:35-38).

  2. Por que fixo isto que o home estivese máis disposto a escoitar as boas noticias?

Que podes aprender de Xesús?

2. As persoas estarán máis dispostas a escoitar a mensaxe se notan que te preocupas por elas.

Imita o exemplo de Xesús

3. Demostra empatía. Intenta imaxinar como se sente a persoa coa que falas.

  1. Pregúntate: “Que cousas lle poderían preocupar? Que temas lle poderían gustar ou resultar útiles?”. Facer isto axudarache a demostrar bondade de forma natural e sincera.

  2. Demostra que te preocupas pola persoa escoitándoa con atención. Se che di como se sente ou che fala dun problema polo que está pasando, non cambies de tema.

4. Demostra bondade e respecto ó falar. Se de verdade te preocupas pola persoa e queres axudala, vaise notar na túa forma de expresarte. Escolle ben as túas palabras e o ton co que falas. Evita dicir algo que poida ofendela.

5. Se podes, axuda. Busca oportunidades para axudar á persoa de formas prácticas. Se somos bondadosos con ela será máis fácil que queira falar con nós.

VER TAMÉN

Rm. 12:15, 16; Gál. 6:10; Heb. 13:16

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir