CULTIVA O INTERESE
LECCIÓN 9
Empatía
Principio bíblico: “Alegrádevos cos que están alegres, chorade cos que choran” (Rm. 12:15).
Que fixo Xesús?
1. Mira o VÍDEO ou le Marcos 6:30-34. Despois pensa nas seguintes preguntas:
Por que buscaron un lugar para estar sós Xesús e os seus apóstolos?
Que motivou a Xesús a seguir ensinándolles ás persoas?
Que podes aprender de Xesús?
2. A empatía motívanos a preocuparnos polas persoas, non só a predicarlles.
Imita o exemplo de Xesús
3. Escoita con atención. Deixa que a persoa se exprese con liberdade e non a interrompas. Tampouco menospreces os seus sentimentos, preocupacións ou obxeccións. Se a escoitas con atención demostrarás que che interesa o que pensa.
4. Pensa na persoa. Recorda o que falaches con ela e pregúntate:
Por que necesita escoitar a verdade?
Como mellorarían o seu día a día e o seu futuro ó estudar a Biblia?
5. Trata temas que lle interesen á persoa. Tan pronto poidas, demóstralle como un curso da Biblia pode responder as súas preguntas e axudarlle de formas prácticas.