BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp18 núm. 3 páx. 12
  • Quen é o culpable do noso sufrimento?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Quen é o culpable do noso sufrimento?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2018
  • Información relacionada
  • Por que hai tanto sufrimento?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Por que permite Deus o sufrimento?
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Por que existe a maldade e o sufrimento?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2018
wp18 núm. 3 páx. 12
Servizos de emerxencia axudando onde houbo un accidente de tráfico.

Quen é o culpable do noso sufrimento?

Se Deus non é o culpable do sufrimento, como se explica que no mundo haxa tanta fame, pobreza, guerras, enfermidades e desastres naturais? A Palabra de Deus, a Biblia, menciona tres razóns principais polas que a humanidade sofre:

  1. O egoísmo, a cobiza e o odio. “Un home domina sobre outro para mal” (Eclesiastés 8:9). Moitas veces a xente sofre por culpa do egoísmo e a crueldade doutros humanos imperfectos.

  2. Un mal momento e o suceso imprevisto. A miúdo as persoas sofren porque “lles chega algún mal momento e algún suceso imprevisto” (Eclesiastés 9:11, TNM). É dicir, sofren por estar no momento e no lugar equivocados, porque ocorren accidentes ou porque a xente é imprudente e comete erros.

  3. O malvado gobernante do mundo. A Biblia deixa claro cal é a principal causa do sufrimento. Di: “O mundo enteiro está baixo o control do Maligno” (1 Xoán 5:19). O “Maligno” é Satanás o Demo, unha criatura espiritual moi poderosa. Ó principio era un anxo fiel a Deus, pero “apartouse da verdade” (Xoán 8:44). Outros anxos uníronse a el e rebeláronse contra Deus para satisfacer os seus desexos egoístas. Desta maneira convertéronse en demos (Xénese 6:1-5). Desde que se rebelaron, Satanás e os seus demos inflúen dunha maneira moi poderosa e cruel nos asuntos deste mundo. E isto nótase máis na actualidade. Agora o Demo, cheo de furia, “está enganando a toda a terra”. Por iso a Biblia di : “Ai da terra”! (Apocalipse 12:9, 12) De feito, Satanás é un tirano cruel que desfruta vendo sufrir as persoas. É el, e non Deus, o culpable do sufrimento.

PENSA NISTO: Só alguén malvado e sen corazón faría sufrir a xente inocente. Pero a Biblia di que “Deus é amor” (1 Xoán 4:8). Tamén mostra que é un Deus amoroso ó dicir: “Lonxe de Deus o ser culpable, lonxe do Omnipotente o obrar inxusto” (Xob 34:10).

Aínda así, poida que te preguntes canto tempo vai permitir o Deus Todopoderoso que Satanás siga co seu goberno cruel. Como vimos, Deus odia a maldade e dóelle moito vernos sufrir. De feito, a Biblia anímanos a contarlle tódalas nosas inquietudes porque se preocupa por nós (1 Pedro 5:7). No seguinte artigo veremos que Deus nos quere moito e que ten o poder para acabar con todo o sufrimento e a inxustiza.a

a Se queres máis información de por que hai tanto sufrimento, podes consultar a lección 26 do libro Desfruta da vida para sempre! publicado polas Testemuñas de Xehová e que se pode descargar gratis en www.pr418.com.

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir