BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • km 9/15 páx. 2
  • “Imitade a súa fe”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • “Imitade a súa fe”
  • O Ministerio do Reino (2015)
  • Información relacionada
  • Carta do Consello Reitor
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Sección 2 | Repaso
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Sección 1 | Repaso
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
O Ministerio do Reino (2015)
km 9/15 páx. 2

“Imitade a súa fe”

1. Que publicación usaremos no Estudo Bíblico de Congregación a partir da semana do 19 de outubro?

1 Durante a semana do 19 de outubro de 2015, no Estudo Bíblico de Congregación comezaremos a usar o libro Ejemplos de fe. Esta publicación analiza os relatos que a Biblia contén sobre catorce homes e mulleres que demostraron unha fe exemplar. Está pensado para que nos axude a velos como persoas reais que afrontaron distintos retos sendo servos de Xehová. Ademais, extrae leccións que cada un de nós pode aplicar na súa vida (Heb. 6:12).

2. Cales son algunhas das características do libro Ejemplos de fe?

2 Características. O libro inclúe mapas e unha liña de tempo que nos axudarán a situar cada personaxe no lugar e na época na que viviu. Ademais, a sección Preguntas para pensar que vén ó final de cada capítulo axudaranos a reflexionar nos relatos e en como podemos aplicar as leccións prácticas que conteñen. As fermosas ilustracións cheas de detalles e ben documentadas tamén contribuirán a que os relatos cobren vida.

3. Como podemos desfrutar máis de estudar esta publicación?

3 Como desfrutar máis do estudo. No prólogo, a carta do Consello Reitor diríxenos estas animadoras palabras: “Utilizade a vosa imaxinación para ver e sentir o que experimentaron os personaxes, e pensade en como reaccionariades ante cada unha das situacións”. Que usemos a imaxinación non significa que debamos especular; máis ben, esforcémonos por visualizar o relato inspirado e por poñernos no lugar dos personaxes. Para conseguilo, precisamos tempo e meditación (Neh. 8:8). Se a lección comeza na metade dun capítulo, quen dirixa o estudo empezará facendo un repaso da lección da semana anterior durante un minuto ou menos; e se a lección para esa semana non inclúe o recadro Preguntas para pensar, concluirá o estudo cunha ou dúas preguntas a modo de resumo.

4. Por que precisamos estudar o libro Ejemplos de fe?

4 A diario, este mundo busca diferentes xeitos de debilitar ou erosionar a nosa fe. Este libro, así coma a sección de La Atalaya na que está baseado, é un agasallo que Xehová nos dá para facer máis forte a nosa fe (Sant. 1:17). Así que demostremos canto o agradecemos asistindo con regularidade ó Estudo Bíblico de Congregación e ofrecendo tantos comentarios como poidamos durante a reunión.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir