Sexamos mellores mestres. Como ofrecer o libro Ensina
Por que é importante? O libro Ensina é a principal axuda coa que contamos para explicar as ensinanzas da Biblia ás persoas. Pero para estudar con elas, primeiro teñen que quedar co libro. Así que todos debemos esforzarnos por ser hábiles á hora de ofrecelo cando predicamos (Pr. 22:29). Hai moitos xeitos de facelo, e cada un de nós pode usar o que mellor lle funcione. Vexamos algunhas suxestións.
Por que non o probas este mes?
Practica as presentacións durante a Adoración en Familia.
Cando esteas predicando, comenta co compañeiro como vas presentar o libro (Pr. 27:17). Se a presentación non che dá bo resultado, proba cunha diferente.