A partir deste mes, a reunión de entre semana xa non incluirá presentacións de mostra. No seu lugar, o Caderno de Estudo Vida e Actividades conterá conversas a modo de exemplo consistentes nunha pregunta de introdución, un texto bíblico e unha pregunta pendente que se contestará na seguinte visita. Os predicadores poderán escoller que publicación das ferramentas básicas de ensino usarán e cando a presentarán, ben na primeira visita, ou ben en visitas posteriores. Este enfoque axudaranos a centrarnos no noso obxectivo de ensinarlles a Biblia ás persoas de corazón recto (Feit. 13:48).
Intervencións dos estudantes. Agás as instrucións indiquen o contrario, os estudantes farán as demostracións a partir das ideas para conversar.