A NOSA VIDA CRISTIÁ
Como usar as “Ideas para conversar”
Dende xaneiro de 2018, as “Ideas para conversar” aparecen na portada do Caderno de Estudo Vida e Actividades. Como podemos empregalas?
Nas intervencións estudantís. Usa a pregunta, o texto e a pregunta pendente da conversa de mostra. Isto non quere dicir que teñas que usar as mesmas palabras que se empregan no vídeo. Podes cambiar o contexto, a introdución, os argumentos e outras cousas semellantes. Tamén podes ofrecer unha publicación das ferramentas básicas de ensino, mesmo se non se indica nas instrucións da intervención.
Na predicación. As conversas de mostra están deseñadas para darnos ideas para predicar. Se unha persoa mostra interese sincero e quere saber máis, podemos continuar a conversa, quizais co que aparece na segunda visita. Podemos modificar a conversa de mostra ou empregar unha completamente diferente. Será máis interesante para a xente da nosa zona unha idea ou un texto que apareceu noutro mes? Ocorreu algo ou hai algunha noticia que lles poida chamar a atención ás persoas? Independentemente do xeito no que usemos as “Ideas para conversar”, o noso obxectivo debe ser o mesmo có do apóstolo Paulo: “Todo o fago polo Evanxeo, para ter algunha parte nel” (1 Cor. 9:22, 23).