BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb18 marzo páx. 7
  • “Vixiade”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • “Vixiade”
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
  • Información relacionada
  • Estás prestándolles atención ás advertencias?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • “Mostrarase o Impío”
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2019)
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
mwb18 marzo páx. 7
As dez mociñas da parábola de Xesús

TESOUROS DA BIBLIA | MATEO 25

“Vixiade”

25:1-12

Aínda que Xesús dirixiu a súa parábola das dez mociñas ós seus discípulos unxidos, a súa mensaxe básica aplica a tódolos cristiáns (w15-S 15/3 páxs. 12-16). “Vixiade, logo, xa que non sabedes nin o día nin a hora” (Mt. 25:13). Saberías explicar esta parábola?

  • O noivo (versículo 1). Xesús.

  • As mociñas asisadas e preparadas (versículo 2). Os cristiáns unxidos que están preparados para cumprir fielmente co seu labor e que relocen coma fachos ata que chegue a fin (Flp. 2:15).

  • O berro “¡Veña, que chega o noivo!” (versículo 6). O sinal da presenza de Xesús.

  • As mociñas parvas (versículo 8). Os cristiáns unxidos que saíron buscar o noivo pero que non están atentos e se volven infieis.

  • As mociñas asisadas non comparten o aceite (versículo 9). Logo de recibir o selo final, será demasiado tarde para que os unxidos fieis axuden ós que se volveron infieis.

  • “Chegou o noivo” (versículo 10). Xesús chega para xulgar e executar sentenza cara á fin da gran angustia.

  • As mociñas asisadas entran no banquete de vodas, e a porta pecha (versículo 10). Xesús xunta os unxidos fieis nos ceos, e os unxidos infieis quedan sen a súa recompensa celestial.

A parábola non ensina que moitos unxidos se farían infieis e debían ser substituídos. Máis ben é unha advertencia. Cada unxido debe decidir se estará preparado e atento ou se actuará con insensatez e infidelidade. Xesús exhortounos: “Estade vós preparados” (Mt. 24:44). Teñamos a esperanza de vivir na terra ou nos ceos, Xesús espera que todos esteamos atentos e teñamos o corazón preparado para servilo.

Como demostro que estou atento?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir