TESOUROS DA BIBLIA | HEBREOS 12-13
Xehová disciplínanos porque nos quere
A disciplina ás veces implica rifa, pero tamén corrección, guía e educación. Igual ca un pai que disciplina os seus fillos porque os quere, Xehová tamén nos disciplina a nós. Faino cando...
lemos a Biblia e a estudamos, imos ás reunións e reflexionamos no que aprendemos.
un irmán nos aconsella ou nos di en que debemos mellorar.
sufrimos as consecuencias dos nosos erros.
se nos censura ou se nos expulsa.
permite que pasemos por probas ou mesmo que se nos persiga (w15-S 15/9 páx. 21 par. 13; it-1-S páxs. 706-707).