BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb21 maio páx. 7
  • A disciplina, unha mostra do amor de Xehová

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A disciplina, unha mostra do amor de Xehová
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
  • Información relacionada
  • Xehová disciplínanos porque nos quere
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2019)
  • Amosamos o noso amor cando apoiamos a disciplina de Xehová
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2020)
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
mwb21 maio páx. 7
Uns pais chorando na porta da casa vendo manchar o seu fillo xa adulto que non se arrepinte dun pecado que cometeu

A NOSA VIDA CRISTIÁ

A disciplina, unha mostra do amor de Xehová

A disciplina está relacionada sobre todo coa instrución e a educación, pero tamén pode incluír corrección e castigo. Xehová disciplínanos para que poidamos adoralo como el quere (Rm 12:1; Heb 12:10, 11). Recibir disciplina pode ser difícil, pero axúdanos a ser persoas xustas e tráenos bendicións (Pr 10:7). Que debería ter en conta quen disciplina a outros? E quen recibe disciplina?

Quen disciplina. Os anciáns, os pais e outras persoas esfórzanse por disciplinar con amor e agarimo, igual ca Xehová (Xer 46:28). A disciplina debe gardar proporción coa situación e estar motivada polo amor (Tit 1:13).

Quen recibe disciplina. Sen importar a clase de disciplina que recibamos, debemos aceptala e levar á práctica deseguida os consellos que nos dean (Pr 3:11, 12). Ó ser imperfectos, todos necesitamos que nos disciplinen, dun xeito ou outro. Poida que recibamos disciplina por algo que leamos na Biblia ou escoitemos na reunión. E, ás veces, algúns precisan recibila por medio dun comité xudicial. Se aceptamos a disciplina e facemos os cambios necesarios, teremos vida eterna (Pr 10:17).

DESPOIS DE VER O VÍDEO XEHOVÁ DISCIPLÍNANOS PORQUE NOS QUERE, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Unha escena do vídeo “Xehová disciplínanos porque nos quere”. Canon de neno predicando cos seus pais

    Como era a vida de Canon ó principio, e como cambiou?

  • Unha escena do vídeo “Xehová disciplínanos porque nos quere”. Canon xa adulto reuníndose cos anciáns

    Que agarimosa disciplina recibiu de Xehová?

  • Unha escena do vídeo “Xehová disciplínanos porque nos quere”. Despois de anos, Canon falando cun grupo de rapaces nunha reunión de congregación

    Aprende a estimar a disciplina de Xehová

    Que aprendemos da experiencia de Canon?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir