BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb19 decembro páx. 7
  • Melloremos as nosas habilidades na predicación. Sexamos adaptables

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Melloremos as nosas habilidades na predicación. Sexamos adaptables
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2019)
  • Información relacionada
  • Sexamos mellores mestres. Como ofrecer o libro Ensina
    O Ministerio do Reino (2015)
  • Utiliza as noticias actuais cando prediques
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2019)
mwb19 decembro páx. 7
Dúas irmás predicándolle a un gandeiro coa axuda das tabletas

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Melloremos as nosas habilidades na predicación. Sexamos adaptables

POR QUE É IMPORTANTE. Os unxidos e as outras ovellas convidan a todo tipo de persoas a coller “de balde auga da vida” (Ap. 22:17). Esta auga simbólica representa todo o que Xehová fixo para rescatar os humanos obedientes do pecado e da morte. Para poder axudar a quen ten outros costumes ou crenzas relixiosas, é preciso que falemos da “boa nova eterna” dun xeito que chame a súa atención (Ap. 14:6).

COMO FAGO?

  • Escolle un tema e un texto bíblico que chegue ó corazón das persoas da túa zona. Podes comezar empregando unha das conversas de mostra, ou doutro xeito que che dese bos resultados. Que temas e textos bíblicos lles interesan ás persoas? Hai algunha noticia recente que teña moita sona entre os veciños? De que distintos xeitos podemos chegar ó corazón dun home e ó dunha muller?

  • Inclúe na conversa os saúdos e as formalidades que sexan comúns na túa zona (2 Cor. 6:3, 4).

  • Afaite ás publicacións e ós vídeos das ferramentas básicas de ensino para empregalas cos que teñan interese.

  • Descarga publicacións e vídeos nos idiomas que falen as persoas da túa zona.

  • Adapta o tema ás necesidades do amo de casa (1 Cor. 9:19-23). Por exemplo, que dirías se soubeses que lle morreu un dos seus hai pouco?

DESPOIS DE VER O VÍDEO, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que tema empregou o predicador para comezar a conversa?

  • Que situación estaba a vivir a persoa?

  • Que texto bíblico lle leu, e por que foi o máis axeitado?

  • Como podemos adaptar a conversa para chegar ó corazón das persoas da nosa zona?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir