A NOSA VIDA CRISTIÁ
Louva a Xehová sendo pioneiro
Os israelitas tiñan moi boas razóns para louvar a Xehová. El liberáraos de Exipto e rescatáraos do exército do Faraón (Éx. 15:1, 2). Na actualidade, Xehová segue a coidar do seu pobo. Como podemos demostrar que lle estamos agradecidos? (Sal. 116:12).
Un xeito de facelo é sendo pioneiros ou pioneiros temporais. Podes pedirlle a Xehová que che axude a ter o desexo de servir de pioneiro e as forzas para conseguilo (Flp. 2:13). Moitos comezan sendo pioneiros temporais. Podes escoller predicar 30 ou 50 horas durante os meses de marzo e abril, e tamén durante o mes da visita do responsable de circuíto. Cando vexas o feliz que es servindo como pioneiro temporal, poida que queiras facer o esforzo de servir como pioneiro. Mesmo irmáns que traballan a xornada completa ou teñen problemas de saúde foron capaces de servir como pioneiros (mwb16.07 páx. 8). Sen dúbida, Xehová merece calquera esforzo que fagamos para louvalo (1 Cró. 16:25).
DESPOIS DE VER O VÍDEO TRES IRMÁS DE MONGOLIA, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
Que desafíos superaron as tres irmás para ser pioneiras?
Que bendicións recibiron?
Que novas oportunidades de servir a Xehová tiveron grazas a seren pioneiras?
Como influíu o seu exemplo noutros?