BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb21 novembro páx. 7
  • Como facer reunións para predicar que sexan prácticas?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como facer reunións para predicar que sexan prácticas?
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
  • Información relacionada
  • Melloremos as nosas habilidades na predicación. Como navegar por jw.org
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
mwb21 novembro páx. 7
Imaxes. 1. Un irmán preparándose para dirixir unha reunión para predicar. Imaxes máis pequenas onde aparecen varias folliñas, un programa de noticias na televisión e un amo de casa rexeitando unha folliña. 2. Ó día seguinte, o irmán dirixindo unha reunión para predicar coa Biblia e unha folliña.

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Como facer reunións para predicar que sexan prácticas?

As reunións para predicar, igual que tódalas reunións de congregación, son un regalo de Xehová que nos permiten animarnos uns ós outros ó amor e ás boas obras (Heb 10:24, 25). Deberían durar entre cinco e sete minutos, incluíndo a organización dos grupos e do territorio, e tamén a oración. Cando se fan despois doutra reunión de congregación teñen que durar aínda menos. O irmán que a dirixe debe preparar algo que sexa práctico para os que van predicar ese día. Por exemplo, os sábados adoita haber moitos irmáns que non predican durante a semana, por iso podería ser bo simplemente repasar algunhas ideas para conversar coas persoas. Que outros temas poderían analizarse nas reunións para predicar para que estas sexan prácticas?

  • Unha das conversas de mostra do Caderno de Estudo Vida e Actividades Cristiás.

  • Como comezar unha conversa utilizando unha noticia recente.

  • Como vencer unha obxección común na zona.

  • Como responderlle a un ateo, a un evolucionista, a alguén que fala outro idioma ou a unha persoa que pertence a unha relixión que non é común na zona.

  • Como usar o sitio de Internet jw.org, a aplicación JW Library® ou a Biblia.

  • Como usar unha das ferramentas básicas de ensino.

  • Como participar nalgunha faceta específica da predicación como a predicación telefónica, por carta, pública, as revisitas ou os cursos da Biblia.

  • Recordatorios sobre seguridade, ser adaptables, ser considerados, ter unha actitude positiva ou temas semellantes.

  • Unha lección ou un vídeo do folleto Melloremos na lectura e no ensino.

  • Como animar e axudar o noso compañeiro de predicación.

  • Un texto bíblico relacionado coa predicación ou unha experiencia animadora.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir