David enfrontándose a Goliat
TESOUROS DA BIBLIA
A batalla é de Xehová
David tiña fe en Xehová porque o coñecía e El xa o axudara no pasado (1Sa 17:36, 37; wp16.5 páx. 11 pars. 2, 3).
David non se comparou con Goliat, senón que comparou a Goliat con Xehová (1Sa 17:45-47; wp16.5 páxs. 11-12).
Grazas a Xehová, David venceu un poderoso e temible inimigo (1Sa 17:48-50; wp16.5 páx. 12 par. 4; ver a imaxe da portada do caderno de estudo).
Ás veces podemos enfrontarnos a enormes desafíos, como a persecución ou algún mal hábito. Cando os problemas parecen demasiado grandes, recordemos que son pequenos en comparación co poder ilimitado de Xehová (Xob 42:1, 2).